MES DA CIENCIA EN GALEGO
Dende o 2014, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén propoñendo a celebración do mes de novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, tamén nas bibliotecas escolares.
A matemática Peregrina Quintela Estévez, Premio "María Josefa Wonenburger Planells" 2016, foi a encargada de escribir o manifesto deste ano 2017.
Na biblioteca do Curros estamos preparando as seguintes actividades:
- Experimentos de Pepón.
- 12 mulleres científicas galegas.
- Obradoiro no laboratorio: microscopio.