Celebrando o Magosto!

O venres 11 de novembro, como non podía ser doutro xeito, celebramos o Magosto no noso centro. Gozamos dunha mañá chea de movemento e experiencias. Comezamos cunha camiñata pola carballeira, repuxemos forzas cunha degustación de deliciosos froitos e doces desta tempada (tamén castañas, por suposto!), e pasámolo xenial cunha chea de xogos populares.

Xa podedes ver as fotos na galería.