Aberto o prazo de matrícula para o curso 2023/2024, o cal estará aberto dende o 1 ata o 20 de marzo, ambolos dous inclusive.
Será necesario presentar na Secretaría do Centro a seguinte documentación:
- Solicitude de admisión segundo Anexo II que será facilitada na Secretaría do Centro ou pode descargarse da páxina web da Consellería de Educación ou nesta mesma entrada.
- Ficha con datos persoais e familiares facilitada na secretaría do Centro.
- Fotocopias do Libro de familia.
- Fotocopias do DNI dos pais/nais e do neno/a (de ser o caso).
- Certificado de empadroamento.
- Dúas fotografías tamaño carné.
- Informe médico no que conste que, dende o punto de vista sanitario, o alumno/a se atopa en condicións de matricularse nun centro ordinario.
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria.
- No caso de separación ou divorcio a solicitude terá que ser asinada por ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo a un deles, en ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
A conticuación, aparece a información e documentación necesaria para formalizar a matrícula.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ADMISIÓN 23-24.pdf | 1.38 MB |
NOTA INFORMATIVA.pdf | 1.11 MB |