O noso alumno Marouan Abettouy, foi o gañador do premio de primaria do concurso de debuxo A Ribeira Sacra Patrimonio Mundial, organizado por El Progreso. O certame estaba aberto a estudantes de educación primaria e secundaria de toda a provincia de Lugo e contou cun xurado composto pola xefa de cultura da delegación territorial da Xunta, María José Gómez; o director da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, Ramón Cabarcos; e o redactor e xornalista do Progreso Javier Rivera.