Skip to Content

Clases de Zumba no noso colexio

Hoxe deron comezo as clases de Zumba para todos/as aqueles nenos/as interesados en "mover" un pouco o seu corpo disfrutando tamén da música e do baile.

As clases imparteas a mestra Sandra. Estenderanse ata finais de curso e levaranse a cabo por ciclos nos recreos dos mércores, xoves e venres!!

A disfrutar coas clases de Zumba!!

 

O PATIO DE INFANTIL

POR FIN TEMOS O NOSO PATIO DE INFANTIL!!

Dende hoxe martes 20 de Maio comezamos a disfrutar do noso ansiado patio de infantil, onde os nenos/as deste ciclo poderán disfrutar da nova zona de xogos acolchada, e separada do patio "dos maiores".

Agradecer dende aquí a todos os organismos e asociacións que axudaron a que este patio se levase a cabo. Moitas grazas!!

Excursión Ed.Infantil e 1º ciclo Ed.Primaria

O luns 19 de Maio marchamos de excursión de fin de curso tanto os nenos/as do 2º ciclo de Educ. Infantil como o 1º ciclo de Educ. Primaria.

O noso destino foi Marcelle. Alí poidemos ver moitos tipos de animais diferentes, así como xogos e outras actividades que nos propuxeron os monitores que nos acompañaron en toda a nosa visita, e tivemos a sorte de que só nos choveu nos últimos minutos antes de subir ó bus de regreso ó cole.

Pasamolo moi ben e gustounos moito!
Estes próximos días, subiremos as fotos á páxina, mentras tanto podedes ver un adianto no noso blogue da biblioteca!!

Día das Letras Galegas

 

Con motivo da festividade do Día das Letras Galegas, durante toda esta semana, o centro realizou unha serie de actividades para conmemorar o día, así como para recordar a figura do homenaxeado neste ano 2014 que recaeu no poeta Xosé María Díaz Castro.

O venres 16 realizamos no patio as xa coñecidas carreiras por cursos onde houbo diplomas para as tres primeiras clasificadas nenas e os tres primeiros clasificados nenos. Pola tarde, no salón de actos, reunímonos todo o centro para, primeiro escoitar da man dos nenos/as de 6º curso un resumo da vida e obra de Xosé María Díaz Castro; e posteriormente cantar todos xuntos o noso Himno de Galicia así como a canción "Meu o mundo é".

Podedes ver algunhas fotos e escoitar a canción "Meu o mundo é" no blogue da nosa biblioteca!

ADMISIÓN DE ALUMNOS: CURSO ESCOLAR 2019/2020

Procédese a abrir o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnos de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso escolar 2019-2020.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NA SECRETARIA DO CENTRO:

-- Solicitude de admisión segundo Anexo II. Pode descargarse aquí (en galego) e aquí (en castelán) ,na páxina web da Consellería de Educación, ou tamén será facilitada na secretaría do Centro.

Semana do Entroido

Esta semana celebramos O Entroido, concluíndoa cunha festa o venres!

Ademais, para quen se queira animar, deixámosvos aquí cales son as consignas do noso "Mandadiño":

Luns, traer ó colexio un broche, un colgante,...

Martes, un delantal.

Mércores, traeremos algo na cabeza: gorro, sombreiro, etc.

Xoves, unhas zapatillas.

Todas estas prendas serán acumulativas, traendo cada día unha nova máis as prendas dos días anteriores!!

O venres 28 de Febreiro faremos festa no centro. No recreo todos os grupos desfilarán fóra, no patio, se o tempo o permite; e pola tarde farase "a queima do entroido".

Comunicar tamén que, a partires do venres, non haberá clase os vindeiros días polo Entroido, véndonos de novo nas aulas o vindeiro xoves 6 de Marzo!!

A disfrutar do Entroido!! :)

Podedes ver as fotos do Entroido na nosa galería.

Suspensión das clases

Dende o centro, informar a toda a comunidade educativa que, mañá martes 4 de febreiro, suspéndense as clases no noso colexio.

Segundo se informou, suspéndense toda actividade docente, o transporte escolar, as actividades no exterior e as actividades extraescolares nos centros da Mariña lucense por establecerse unha alerta de nivel vermello por fenómeno meteorolóxico adverso.

Tedes máis información na páxina de educación, no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/web/node/11646

 

DÍA DA PAZ

O 30 de Xaneiro celebramos no noso centro o "Día da PAZ".

 

Durante os días previos traballouse o día da Paz dende as aulas, así como tamén escribir e decorar o noso "Muro da PAZ".

O xoves 30, despois do recreo, xuntámonos todo o centro no vestíbulo onde levamos a cabo o acto de celebración.

Durante o mesmo, cada aula puxo en común a lectura de frases relacionadas coa Paz, así como colgar unha prenda de roupa confecionada en cartolina e decorada previamente nas aulas con dita temática. Despois todos xuntos cantamos varias cancións sobre a PAZ.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut