AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS
No DOG de 20 de maio de 2024 publicouse a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/2025.
No curso 2024/2025 o Fondo solidario de libros de texto estará accesible para o alumnado matriculado en 3º e 4º de Primaria. O alumnado matriculado no curso 2024/25 en 5º e 6º de EP no noso centro, ao formar parte do Proxecto E-DIXGAL, está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.
En 1º e 2º de educación primaria haberá as axudas para a adquisición de libros de texto. No caso do material escolar, convócanse axudas para a súa compra destinadas ao alumnado matriculado en toda a Educación Primaria.
Os requisitos e termos da convocatoria poden consultarse no taboleiro de anuncios da entrada do colexio, na páxina web do centro e no portal da Consellería https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros
O prazo para a presentación das solicitudes remata o 21 de xuño de 2024, inclusive.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación «fondolibros» https://www.edu.xunta.es/fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. O formulario tamén está dispoñible no centro.
No caso das axudas para a adquisición de libros de texto, os tramos de renda e as súas correspondentes axudas son as seguintes para 1º e 2º cursos de Educación Primaria:
- Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros: 240 euros.
- Renda per cápita familiar superior a 6.000 ata 10.000euros: 160 euros
A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria será a seguinte:
a) Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €.
b) Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.
Para os efectos de renda terase en conta o exercicio fiscal do ano 2022 e para as circunstancias familiares a alegar serán a composición familiar a 31 de decembro de 2022, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e nos casos de violencia de xénero que se aplicará o disposto na súa lexislación específica.
Cando se presentase declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2022, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Fondo público solidario. Será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario, ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros de texto. A asignación de libros de texto correspondente aos cursos de 3º e 4º de Primaria, de non alcanzar os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro adquirirá os libros complementarios necesarios.