RECOLLIDA DE ALIMENTOS " RÍAS ALTAS " E COLABORACIÓN COA "AVPC DE PROTECCIÓN CIVIL" DO CONCELLO DE PONTEDEUME.
O vindeiro martes 15 de marzo de 2022 , realizaremos unha doble recollida humanitaria. Por un lado,en colaboración co Banco de Alimentos Rías Altas (Zona Ferrol) e por outra en colaboración coa AVPC de Protección Civil do Concello de Pontedeume.
Estes anos de pandemia están a ser complicados e cheos de retos para todos/as, e toda a comunidade educativa do Ceip Couceiro Freijomil se implicou e continúa a implicarse cada día con responsabilidade e compromiso na axuda e colaboración con toda a poboación .
O noso colexio dedice facer esta recollida,neste momento porque un dos valores que a nosa escola quere poñer en alza entre o alumnado é o da solidariedade e compromiso .
COMO LEVAREMOS A CABO ESTA DOBLE RECOLLIDA?
O martes 15 de marzo haberá nas entradas da escola unhas caixas onde recolleremos os alimentos non perecedoiros e alimentos precociñados tales como lentellas, garavanzos, arroz, leite, galletas, aceite,... para o Banco de Alimentos Rías Altas de Ferrol .
Para a recollida en colaboración coa APVC de Protección Civil do Concello de Pontedeume , haberá outras caixas. O material que se recolle neste caso sería:
Material de Aseo:xel de baño,champú,dentífrico,cepillos de dentes,peite de cabelos e cepillos, desodorizantes,esponxas, xabóns,compresas, tampóns, toalliñas,cueiros, toalliñas de bebés e xabonosas e crema hidratante.
Alimentos: Latas de conservas, leite en pó e leite para bebés.
Material sanitario: tesoiras,luvas,vendas, gasas, mantas térmicas,parches antiqueimaduras,alcohol,agua oxixenada,antisépticos,suero fisiolóxico,luvas de látex ou nitrilo,pulsioxímetro,glucómetro,termómetros,máscaras e tiritas.
Todas as familias que desexen participar nesta recollida de alimentos deberán facelo por medio dos seus fillos/as, que os depositarán ao entrar na escola nas caixas que haberá nas portas de entrada (as familias de Infantil poderán ser os adultos ,que acompañan aos nenos/as, os que depositen o que poidan traer nas caixas na porta de entrada de infantil.)
Unha vez máis, grazas a todos/as pola vosa colaboración.