A.N.C.A.S. ASOCIACIÓN de NENOS E NENAS CAMIÑANTES por un AMBIENTE SOSTIBLE e SEGURO
Durante este ano 2022 poremos en marcha o proxecto Camiño Escolar Seguro A.N.C.A.S., Agora imos andando ao cole!
A.N.C.A.S é un proxecto socioeducativo que se desenvolve en Educación Primaria. Nel traballamos valores sociais e viarios para xerar hábitos saudables que permitan á comunidade escolar un desprazamento seguro no camiño ao colexio.
O camiño escolar é un proxecto de cidade, que desenvolvemos en colaboración co Concello e a comunidade escolar, que busca mellorar a mobilidade urbana, recuperar a cidade como un espazo de convivencia e, ao mesmo tempo, permite contribuír a que as contornas escolares sexan espazos seguros, sostibles e inclusivos.
Esta iniciativa propón ao alumnado vir andando ao cole, acompañado por outros nenos e nenas e cun adulto de referencia (pai ou nai voluntario), logrando así un banco de tempo que favoreza a conciliación familiar e que permita ás nenas e nenos desfrutar do percorrido e compañia das compañeiras e compañeiros do cole.
Se clicades na imaxe podedes acceder ao enlace da asociación.
Boa fin de semana dende o CEIP Couceiro Freijomil!