ILLA FANTASÍA

 

Hai uns días chegou dende Illa Fantasía a

Gran Bruxa china "Brúxula".

 Estaba un pouco desorientada... e como andaba perdida pola escola... pediu axuda aos nenos e nenas de primeiro, segundo, terceiro e cuarto.

Adiantounos unha morea de actividades que acontecerán na súa pagoda.

 

Na maleta traía unha chea de cousas para

  ensinarnos... un compás para atopar o norte, faroliños chinos, unicornios para cada clase para marcar os puntos cardinais… e sobre todo animounos a ler para que os nosos unicornios medren, e para que escribamos á illa sempre que queiramos.

http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/2017/11/illa-fantasia.html