VISITA AO NOSO CENTRO

Hoxe visitounos o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez. Viña acompañado, entre outros, polo xefe territorial Indalecio Cabana, o alcalde Bernardo Fernández, concelleiros da corporación municipal e representantes da ANPA.

Todos puideron comprobar o noso compromiso coas tradicións, participando neste caso no xogo do peón, ao tempo que eloxiaron a nosa implicación en proxectos de innovación como o plan de mellora de bibliotecas, aulas bilingües, proxecto ABALAR ou a utilización de libros dixitais en quinto e sexto curso da primaria. 

Dende o centro pedímoslle, entre outras cousas, mellorar a conexión a internet, indispensable para desenvolver con garantía os nosos proxectos. O conselleiro explicou que xa están en marcha as medidas que multiplicarán a velocidade de conexión e animounos a participar na convocatoria de contratos-programa deste curso.