INSTRUCCIÓNS E FORMULARIOS

 

 

INFORMACIÓN SOBRE O

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN  DE

ALUMNADO:

 

  Orde do 25 de xaneiro do 2017.....         GALEGO         CASTELLANO

 

 

    Solicitudes de admisión:

  • O alumnado de nova incorporación deberá presentar unha única solicitude de admisión na secretaría do centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción deste punto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • As solicitudes de admisión axustaranse ao modelo oficial (Anexo II da Orde de 25 de xaneiro de 2017) que poderá descargarse da web do centro, cubrir na aplicación Admisión de alumnado ou recollerse na secretaría do centro.
  • O alumnado deste centro que presente solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo en secretaría.
  • A solicitude de admisión ten carácter vinculante e nela poderá relacionarse ata 6 centros, por orde de preferencia, e será presentada no centro relacionado en primeiro lugar.
  • A solicitude deberá estar asinada por calquera dos proxenitores ou representante legais.
  • No caso de separación ou divorcio deberá estar asinada polos dous proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles en exclusiva. En ambos casos será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente.
  • O prazo de presentación das solicitudes será do 1 ao 21 de marzo ambos incluídos.
  • Xunto coa solicitude deberá presentarse copia cotexada (ou orixinal e copia para cotexar no centro) do documento acreditativo da idade do alumnado: DNI ou libro de familia.
  • DNI dos proxenitores.
  • Se hai prazas suficientes para atender todas as solicitudes, será admitido todo o alumnado.
  • Se algún alumnado non obtivese praza no centro requirirase ás familias a documentación necesaria para o baremo (10 días hábiles a partir do 20 de marzo).
  • As solicitudes presentadas fóra de prazo perderán os dereitos de prioridade que puideran corresponderlle.

 

  

Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo:

 

Na solicitude de admisión deberase manifestar se se opta a unha praza para alumnado con necesidades educativas específicas, achegando a documentación acreditativa.

Estas circunstancias poden ser:
         . Derivados de discapacidade física, psíquica ou sensorial.
         . Sobredotación intelectual.
         . Trastornos de conduta.
     . Situación desfavorecida como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais.

 

  

Para escolarizar ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo quedarán reservadas 6 prazas en 4º de educación infantil e outras 6 prazas en 1º de educación primaria.

 

 

 

 

CENTRO ADSCRITO: CEIP DE OMBRE

CENTRO AO QUE ESTAMOS ADSCRITOS: IES BREAMO

Criterio aprobado polo Consello Escolar:

1 punto por solicitar en primeiro lugar un centro de ensino público