Axudas para libros de texto e material escolar CURSO 24/25

Estimadas familias:

Informarlles que segundo a ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar , este martes, 21 de maio, abre o prazo para solicitar as axudas correspondentes para o vindeiro curso 24/25. 

DESTINATARIOS

Fondo solidario de libros de texto: para o alumnado que no vindeiro curso estea matriculado en 3º e 4º de EP. O alumnado de 5º e 6º curso estará excluído da participación xa que teñen E-Dixgal. Non obstante, si poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na Orde. 

Axudas para adquirir libros de texto: para o alumnado que o vindeiro curso estea matriculado en 1º e 2º de EP; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade maior ou igual 65%) e na disposición adicional segunda (Necesidades específicas de Apoio Educativo, NEAE). 

Axudas para adquirir material escolar: para o alumnado que o vindeiro curso estea matriculado en EP ( o vale para a adquisición de material escolar vai dirixido a todas as familias con renda per cápita igual ou inferior aos 10.000€, con dous tramos de renda). 

*O alumnado que vaia cursar 1º da ESO o vindeiro curso deberá tramitar a solicitude no IES correspondente. 

PRAZO

Entre o 21 de maio e o 21 de xuño de 2024. 

PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, no formulario normalizado dispoñible na aplicación informática Fondodelibros, a través da sede electronica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B. 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro no seguinte horario

De luns a venres en horario de 9 a 9.35h, de 11.15 a 12.05h e de 13.45 a 15.00h. 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (ANEXO I) a seguinte documentación:

a) Anexo II, comprobación dos membros computables da unidade familiar.

 b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais mebros computables da unidade familiar. 

E ademais, de ser o caso: 

- sentenza xudicial de separación e/ou convenio regulador.

- volante de convivencia.

- documentación xustificativa de violencia de xénero, que se poderá acreditar de calquera das formas que se enumeran no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo.

 - certificado do grao de discapacidade (recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia). 

 

 * Nos arquivos adxuntos podedes consultar a Orde de convocatoria e os anexos. 

    

AdxuntoTamaño
Orde fondo de libros 24-25.pdf1.3 MB
ANEXOS I E II.pdf1.88 MB

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer