VISITA CASA-MUSEO ROSALÍA DE CASTRO
Este martes 5 de marzo o alumnado de primaria realizou unha visita á Casa-Museo de Rosalía de Castro (Padrón) dentro do programa "Rosalía, a súa casiña, o meu lar" posto en marcha pola Deputación de Pontevedra.
Nas seguintes fotos podedes ver o moito que aprendemos sobre esta autora, figura central da cultura galega.
CHARLAS PLAN DIRECTOR
Este luns 4 de marzo tivemos no noso colexio a unha axente da Garda Civil que veu dar dúas charlas ao alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria, sobre acoso escolar e sobre ciberseguridade, dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade escolar.
A charla - que foi interactiva e na que os alumnos/as puideron intervir ao longo da mesma para formular as súas dúbidas e inquedanzas- apoiouse nunha serie de diapositivas e vídeos que aclararon que tipo de condutas se consideran acoso, como podemos actuar cando somos testemuñas das mesmas e cales son as consecuencias negativas que teñen para as vítimas non intervir.
Moitas grazas á organización do Plan Director e a Vanesa en particular pola súa presenza no noso centro.
Compartimos algunha imaxe da sesión:
Mulleres na Ciencia - Naturnova
O xoves 29 de febreiro o alumnado de 5º e 6º curso de primaria foron a Naturnova (Vigo), con motivo da celebración do Día Internacional da Muller na Ciencia. Nas instalacións puideron aprender a través de módulos interactivos sobre as mulleres pioneiras no campo científico.
Nas seguintes fotos podedes comprobar o interesante que lles resultou esta experiencia.
Listaxe de libros 23-24
LISTAXE DE LIBROS 23-24 |
* 5º e 6º EDIXGAL (non teñen que comprar libros, o que aparece na lista son cuadernillos de traballo).
* Na etapa de infantil queda pendente a elección do cuadernillo de traballo.
* Informarase do material preciso para cada unha das etapas a comezo de curso.
* Podedes descargar a listaxe no arquivo adxunto ou consultala no taboleiro de anuncios do centro.
CURSO | MATERIA | LIBRO | EDITORIAL | ISBN | IDIOMA |
1º EP | Matemáticas | Comunidad Zoom | Vicens Vives | 9788468280998 | Cast |
1º EP |
Lengua Castellana |
Comunidad Zoom | Vicens Vives | 9788468283919 | Cast |
1º EP |
Lingua Galega |
Comunidad Zoom | Vicens Vives | 9788468283180 | Gal |
1º EP |
Ciencias Sociais |
Comunidad Zoom | Vicens Vives | 9788468285429 | Gal |
1º EP |
Ciencias da natureza |
Comunidad Zoom | Vicens Vives | 9788468264349 | Gal |
1º EP | Relixión |
Construyendo mundos |
Obradoiro Santillana |
9788468071428 | Cast |
1º EP | Inglés |
All About Us Now 1 Class Book with Digital Book
|
Oxford | 9780194074223 | Ing |
1º EP | Inglés |
All About Us Now 1 Activity Book with Digital Book Essential |
Oxford | 9780194079686 | Ing |
2º EP | Matemáticas |
Mochila ligera: Construyendo Mundos |
Obradoiro Santillana |
9788414407639 | Cast |
2º EP |
Lengua Castellana |
Mochila ligera: Construyendo Mundos |
Obradoiro Santillana |
9788414407622 | Cast |
2º EP | Lingua Galega |
Construíndo mundos |
Obradoiro Santillana |
9788491856757 | Gal |
2º EP | Ciencias Sociais |
Construíndo mundos |
Obradoiro Santillana |
9788491856962 | Gal |
2º EP |
Ciencias da Natureza |
Construíndo mundos |
Obradoiro Santillana |
9788491856948 | Gal |
2º EP | Relixión |
Construíndo mundos |
Obradoiro Santillana |
9788414407967 | Cast |
3º EP |
Lengua Castellana |
Construyendo Mundos: Mochila Ligera |
Obradoiro Santillana |
9788468072012 | Cast |
3º EP | Lingua Galega |
Construíndo mundos |
Obradoiro Santillana |
9788491854098 | Gal |
3º EP |
Ciencias Naturais |
Construíndo mundos |
Obradoiro Santillana |
9788491854104 | Gal |
3º EP | Ciencias Sociais |
Construíndo mundos |
Obradoiro Santillana |
9788491854166 | Gal |
3º EP | Matemáticas |
Construyendo Mundos: Mochila Ligera |
Obradoiro Santillana |
9788468071367 | Cast |
3º EP | Inglés |
All About Us Now 3 Class Book with Digital Book |
Oxford | 9780194074650 | Inglés |
3º EP | Inglés |
All About Us Now 3 Activity Book + Alk with Digital Book Essential |
Oxford | 9780194079761 | Inglés |
4º EP | Lengua
Castellana |
Construyendo Mundos |
Obradoiro Santillana |
9788414407387 | Cast |
4º EP | Matemáticas | Construyendo
Mundos |
Obradoiro
Santillana |
9788414407691 | Cast |
4º EP |
Lingua Galega |
Construíndo mundos | Obradoiro
Santillana |
9788491857051 | Gal |
4º EP |
Ciencias Naturais |
Construíndo mundos | Obradoiro
Santillana |
9788491856924 | Gal |
4º EP | Ciencias Sociais | Construíndo mundos | Obradoiro
Santillana |
9788491856986 | Gal |
4º EP | Relixión | Construyendo Mundos |
Obradoiro
Santillana |
9788414448458 | Cast |
4º EP | Inglés |
All About Us Now 4 Class Book with Digital Book |
Oxford | 9780194074803 | Ing |
4º EP | Inglés |
All About Us Now 4 Essential Activity book + Alk Go Pangea with Digital Activity Book |
Oxford | 9780194079792 | Ing |
5º EP | Inglés |
All About Us Now 5 Essential Activity book + Alk Go Pangea with Digital Activity Book |
Oxford | 9780194079822 | Ing |
6º EP | Inglés |
All About Us Now 6 Essential Activity book + Alk Go Pangea with Digital Activity Book |
Oxford | 9780194079853 | Ing |
Semana sobre rodas
Aproveitando que o venres 2 de xuño foi o Día Mundial da bicicleta e o luns 5 de xuño o Día Mundial do Medio Ambiente, esta semana celebrámolo no cole movéndonos sobre rodas, pasámolo en grande!!!!
Visita do Refuxio de animais de Cambados
No día de onte recibimos a visita de Olga que traballa no Refuxio de animais de Cambados. Veu moi ben acompañada por Clau, unha cadela moi agarimosa, e por tres gatiños que aínda non teñen nome, e que causaron sensación entre alumnado e profesorado.
Deixamos algunha foto para que coñezades a estes animais que nos fixeron pasar tan bo rato.
Moitas grazas a Olga e aos seus acompañantes pola visita e por todo o que nos ensinaron, e tamén, moitas grazas a todos pola vosa resposta á hora de colaborar co refuxio traendo comida, produtos de limpeza ...
Mirade como estaba a nosa mesa!!!!!
Polo correo do vento
Hoxe visitaron o noso centro Polo correo do vento, cunha sesión de contos, música e debuxo, na que fixeron unha viaxe pola biografía de Francisco Fernández del Riego, homenaxeado nas Letras Galegas 2023.
A actividade estivo dirixida ao alumnado de Primaria, que se converteron en pequenos ilustradores realizando, de forma guiada, unha caricatura de Fernández del Riego.
Foi unha sesión moi divertida e interesante, grazas Polo correo do vento pola visita, esperamos volver contar con vós!!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »