slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

Marcha pola Paz 2024 (2ªedición)

O martes 30 de xaneiro celebramos o Día da Non Violencia e Da Paz. Comezamos cunha andaina arredor do centro acompañados das familias do noso alumnado. Esta é a segunda edición e esperamos poder realizar moitas máis.

Moitas grazas por acompañarnos!

De volta ao cole alumnado e profesorado fomos ao campo de herba escoitar un manifesto pola paz escrito polos nenos e nenas de sexto curso de primaria. 

Por outra banda, o alumnado de cuarto tamén leu o seu propio manifesto e recitaron os versos da canción Imagine de John Lennon, en inglés e en galego. 

Finalmente, todos os rapaces e rapazas acompañados dos mestres/as fixemos un baile ao ritmo da canción de Mama Cabra "Baile da Paz". 

 

DIPLOMA DE SOLIDARIEDADE

Grazas familias e alumnado pola vosa colaboración!

Alumnado de 6º de Educación Primaria > reserva de praza no IES adscrito

Aberto o prazo para a reserva de praza do alumnado de 6º curso de Educación Primaria no IES Monte da Vila.

Prazo: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

Podedes consultar a información no seguinte enlace: 

admisionalumnado

As solicitudes de reserva podense cumprimentar de dúas maneiras: 

- De xeito manual, empregando o formulario en papel (arquivo adxunto).

- A través da aplicación: solicitudes > reserva > crear

Presentación das solicitudes

- No centro educativo (en horario de 9 a 9.35, de 11.15 a 12.05 e de 13.45 a 15.45h). 

- A través da sede electrónica (será necesaria a Chave365 ou o certificado dixital). 

O comportamento da aplicación depende de se a solicitude se cobre estando identificado ou non: 

Usuarios sen identificar: unha vez introducidos todos os datos deberán premer no botón crear , aparecendo unha mensaxe que permite descargar a solicitude e o anexo I que deberán presentar no centro educativo. 

Usuarios identificados: unha vez gravada a solicitude na aplicación, aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude) e presentalo no centro educativo. 

Pinchando no arquivo adxunto podedes descargar a solictude para cubrir de maneira manual. 

 

*O alumnado que teña intención de estudar noutro instituto diferente terá que esperar a que se abra o proceso ordinario de admisión (xeralmente a partir do 1 de marzo) e terán que recoller os impresos de solicitude no instituto elixido. 

  

CONCURSO PILABOT

Este curso imos participar no concurso PILABOT promovido pola Xunta de Galicia, Ecopilas, ERP e Ecolec, no que os centros teñen que recoller o maior número posible de pilas ou acumuladores. 

Pregamos que nos axudedes para poder conseguir premios que nos permitan a adquisición de material para o centro así como a realizacion de actividades educativas. 

**Pinchando no arquivo adxunto podedes ampliar a información.

Grazas a todos/as pola vosa colaboración!!!

SAMAÍN

O pasado martes celebramos o Samaín no noso cole. 
 Unha entrada arrepiante, Contos na lareira, merendas terroríficas, entrega de premios dos concursos de debuxos e de microrrelatos... E monstros, unha chea de monstros que invadiron aulas, corredores, patio... 
Se queredes ver un resumo da xornada, premede no vídeo tan chulo que fixeron as compañeiras de TIC. 
 

Día das bibliotecas

O pasado martes 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares e no noso centro aproveitamos para presentar oficialmente o proxecto "Conmeniño Olímpico: xuntos cara a meta". Fixemos a nosa propia inauguración dos xogos olímpicos pasando a antorcha polas distintas aulas ata chegar á entrada. Alí cantamos todos xuntos o himno , creado polo alumnado coa axuda da mestra de música, Belén e aproveitamos para presentar a nova mascota da nosa biblio, elaborada por Vicky, alumna de 6º curso de primaria. 
 
 
 
 

O telexornal de Conmeniño

Presentamos a primeira edición do Telexornal do Conmeniño para iniciar o proxecto deste curso: 

CONMENIÑO OLÍMPICO: XUNTOS CARA A META!

Formalización da matrícula 23/24

FORMALIZACIÓN

DA MATRÍCULA

23/24

                         PRAZO: entre o 20 e 30 de xuño

 Documentación a entregar

* Impreso de formalización da matrícula (Anexo III-1).

* Cuestionario sobre a lingua materna.

* Fotocopia do libro de familia onde aparezan todos os membros da unidade familiar.

* Certificado de empadroamento onde aparezan todos os membros da unidade familiar.

* Fotocopia do DNI das persoas proxenitoras ou titores/as legais.

* Informe médico asinado polo/a pediatra.

* Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

* Fotocopia da folla sanitaria das vacinas.

* Dúas fotos tamaño carné co nome por detrás.

* De ser o caso, convenio ou sentenza onde se acredite a custodia do alumno/a. 

O impreso III-1 e o cuestionario sobre a lingua materna podedes descargalos nos arquivos adxuntos ou recollelos na Secretaría do centro no seguinte horario

De 10.00 a 13.00h. 

 

*Neste horario tamén poderedes entregar a documentación solicitada. 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer