Exposición educativa itinerante

“Adopción, la mirada de los protagonistas” 

Na última semana lectiva do mes de marzo, alumnos e persoal do centro puidemos desfrutar desa exposición educativa itinerante.

 Trátase dunha iniciativa levada a cabo pola Fundación María José Jove coa colaboración da Asociación Participa para la Inclusión Social, cuio obxectivo é promover a adaptación no entorno escolar dos nen@s adoptad@s.  A mostra permaneceu no centro ata o venres, día 22, data na que continuou  o seu percorrido por outros centros educativos galegos.

 É unha exposición creada por e para os nenos. Está formada integramente por obras realizadas por nenos adoptados e os seus irmáns nas que, a  través de dez sesións , plasmaron a súa experiencia vital para ofrecerlla aos demais nenos e así poidan comprender mellor a súa diversidade, favorecendo a convivencia no ámbito da escola.

En concreto, con esta mostra preténdese formar e educar á poboación escolar, e normalizar a visión da adopción como outra forma de facer familia, así como xerar actitudes, valores e relacións que faciliten a integración dos nenos adoptados e procedentes doutras culturas. Ao tempo, coñecer a idea que os propios alumnos teñen sobre a adopción.

 Ademais dos paneis informativos/expositivos, conta con actividades interactivas para desenvolver e co Libro Viaxeiro no que os alumnos puideron deixar as súas aportacións coas propias  valoracións, debuxos, comentarios e experiencias.

Aquí deixamos constancia da mesma con algunhas imaxes.