Historia do centro
O CEIP Plurilingüe de Chancelas está situado no lugar de Chancelas, na parroquia de Combarro dentro do concello de Poio. Na beira mesma da ría de Pontevedra, desfruta dunhas vistas privilexiadas á illa de Tambo.
O centro destaca por ser a referencia escolar da vila de Combarro, considerada a vila máis fermosa de Galicia e unha das máis fermosas de toda España.
Destacan as praias de Chancelas e da Ouriceira a menos de 100 m. do centro. Polas súas costas atópase flanqueado polo monte Castrove. Preto da escola destacan o Mirador da Tartaruga, o Mirador do Campanario ou o Mirador do Loureiro de onde se poden contemplar as illas Cíes e a saída da ría de Vigo.
Outros lugares destacados son o Mosteiro de San Xoán de Poio ou o Bosque de Sequoias.
O colexio de Chancelas data do curso 1973-1974, onde comezou sendo un Centro de Educación Primaria no que posteriormente incluiríase Educación Infantil. Aínda que sufriou varias remodelacións a estructura básica do edificio mantense na actualidade.
O curso pasado o centro cumpliu 50 anos educando con vocación de servizo público. O alumnado de sexto curso fixo un documental entrevistando a persoas que inauguraron as súas aulas, así como equipo docente e non docente que leva anos formando parte da historia deste centro.