FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. CURSO ESCOLAR 2018-2019
Fondo solidario de libros de texto: para o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria para o curso 2018/2019
Axudas para adquirir libros de texto: para o alumnado matriculado en 1º e 2º de educación primaria para o curso 2018/2019
Axudas para adquirir material escolar: para todo o alumnado matriculado en educación primaria.
Alumnado con necesidades específicas de apoio educativo: que non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso no que estea matriculado, recibirá a axuda para libros, e poderá adquirir libros doutros cursos ou material didáctico específico que o centro determine. Tamén poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar.
INSTRUCCIÓNS
QUEN O SOLICITA:
Nai / pai ou titor/a legal do escolar.
ONDE SE PRESENTA:
No centro escolar ou mediante a sede electrónica https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
PRAZO DE PRESENTACIÓN:
Do 22 de maio ao 22 de xuño de 2018
REQUISITOS:
Ter unha renda per cápita igual ou inferior a 9.000€ e devolver os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2016/17.
Para axuda do material a renda per cápita igual ou inferior a 5.400€.
Para o alumnado de n.e.a.e. con discapacidade maior ou igual do 65% pode solicitar con calquera renda per cápita.
CONTÍA:
Axudas de libros: 90€ ou 170€
Axuda de material: 50€
Axuda para o alumnado de n.e.a.e. con discapacidade maior ou igual do 65% : 250 €
OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS:
Destinar o importe á adquisición dos libros de texto e conservalos en bo estado para incorporalos ao rematar o curso a un fondo solidario que se constituirá no centro.
COMO SE SOLICITA:
Cumprimentar o anexo I completo e o anexo II (para a autorización dos membros da unidade familiar, agás o solicitante). Debe estar asinado por todas as persoas membros da unidade familiar que obteñan ingresos, excepto nos supostos de separación ou divorcio, nos cales poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor. A solicitude será única para todos/as fillos/as que estean admitidos no mesmo centro docente. No caso de que a solicitude se tramite por via electrónica será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.
TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse onde o alumnado vaia a estudar o próximo curso ou a través da aplicación Fondolibros, onde unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:
1. Presentación no centro
2. Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Unha vez tramitadas, xerarase un vale que se entregará aos interesados. Unha vez recibido o vale, o interesado deberá entregalo no establecemento libremente elixido para adquirir os libros.
PARA ACLARACIÓNS ou unha información máis completa:
A información anterior é un resumo da orde de 09 de maio de 2018 que se pode consultar no DOG do día 21 de maio.
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25042
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
Pontevedra, 23 de maio de 2018 A dirección