Skip to Content

Recomendámosche

COMO SOLICITAR CARNÉ DE LECTOR/LECTORA PARA FAMILIAS

As nais, pais, avoas e avós interesados en facervos socios de Bibliocervo e obter o voso carné de lector ou lectora fainos chegar o seguinte arquivo debidamente cuberto. Podes entregalo na Secretaría do centro, a través do alumnado ou por correo electrónico en bibliocervo.2@gmail.com

Poderás realizar préstamos dos recursos dispoñibles e que podes consultar no catálogo da nosa biblioteca:

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=LEC024

Unha vez que teñas o teu CARNÉ DE LECTOR OU LECTORA poderás facernos chegar a túa petición de libros, DVD... a través do correo: bibliocervo.2@gmail.com poñendo no asunto PRÉSTAMO BIBLIOTECA e indicándonos o voso número de lector/a.

A DEVOLUCIÓN tramitarase a través dos nenos e nenas, deixando sempre en cuarentena os materiais que circulan para as casas.

 

 

GaliciaLe

Plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas

    https://www.galiciale.gal/

 

Entra no blog da biblioteca do cole

http://bibliocervo.blogspot.com/

Aquí podes atopar todo o que facemos ao longo do curso no colexio: actividades, novas, recomendacións de lectura...

Esperamos que vos guste.

Aquí tedes algunhas das nosa recomendacións para ler

 "Non hai mellor fragata ca un libro para nos levar a terras afastadas"

Emily Dickinson

PRELECTORES

Mufi axuda na casa. Dik Bruna

      Regar as prantas, tender a roupa ou facer a compra... Axudar aos maiores é instructivo e ademais ten recompensa...

O día en que a mamá se lle puso cara de teteira. Raquel Sáiz,Bernardo Carvalho. Ed. OQO

       A nai de Marquiños empezou a botar fume pola boca...

Quen me fixo isto na miña cabeza? Ed. KalandraKa

        A pequena toupiña levouse unha grande sorpresa co novo modelo de sombreiro...

 

PRIMEIROS LECTORES  (6-8 anos)

Unha casa á medida. Daniela Kulot. Factoria K

Esta é xirafa. Xirafa é moi alta. Este é cocodrilo. Cocodrilo é baixiño.

Entre eles hai moita diferencia: máis de dous metros pero, a pesar disto, son parella: unha parella de namorados.

Queres xogar conmigo? Enric Carle e Xosé Ballesteros. Ed. Kalandraka.

O protagonista é un ratiño que anda na procura dalgún animal con que xogar.

 

LECTORES AUTÓNOMOS  (9-11 anos)

O elefante dunha soa orella. Rivadulla Corcón. Ed. Sotelo Blanco.

Trata dun elefante de peluche que foi construído cunha soa orella e sentía que todos os rapaces preferían outros xoguetes antes que a el por ter unha soa orella.

 

Os Megatoxos e o aprendiz de druída. Anxo Fariña. Ed. A nosa Terra

Cando Ruxe, Faísca, Ninfa e Lúa comezan este curso apenas se coñecen, máis un incidente fará que as súas vidas cambien...

  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut