Dende a casa é dende onde mellor podemos axudar as nosas nenas e nenos a ter certo gusto polos libros e pola lectura.
Aquí tedes algunha idea:
Anima a ler: proporciona nun primeiro momento libros ilustrados, dialoga e inventa sobre eles.
Conta contos ós fillos, recita rimas e poesías, le contos, xornais, revistas... si te ven ler interesaranse pola lectura.
Acompaña os teus fillos e fillas a exposicións e espectáculos culturais.
Comparte e comenta lecturas dos teus fillos e fillas.
Acompáñaos a lugares onde haxa libros: bibliotecas, librarías...
Destina na casa un espazo acolledor para unha biblioteca familiar.
Que a compra dun libro non se vexa coma algo excepcional.
Ler non pode ser un castigo nin algo obrigatorio. Axúdalle a que ler sexa un disfrute.
Escoitade aos vosos fillos e fillas, que lles gusta que lles preocupa... axudaravos a escoller os libros que lles podedes recomendar.