Skip to Content

Contidos

Canción dos maios

03/06/2020 10:31
Europe/Madrid

Ola!!

 

Agora que acaba de rematar o mes de maio, déixovos un vídeo para acompañar unha canción que fala sobre a tradición dos Maios, moi celebrada en Galicia. Podedes usar dous bolis, ou calquera outro aparello que semelle un pau.

 

 

Tenta seguir o ritmo da canción!!

 Aquí tés o enlace...

Buscando as notas musicais!!

26/05/2020 12:53
Europe/Madrid

Descarga a ficha que adxunto para facer unha pequena actividade buscando as notas musicais!!

Xogo de memoria (parellas)

12/05/2020 10:18
Europe/Madrid

Propóñovos un xogo de parellas con persoas importantes do mundo da música Rock.

 

Deberedes imprimir o documento que adxunto por duplicado (para ter unha parella de cada personaxe) e para deixalo máis chulo pode pegárselle cartolina pola parte de atrás para darlle dureza ás cartas.

 

A dificultade é gradual: pódense usar dende 8 parellas de cartas, ata 32 parellas!!

 

Anímovos a fixarvos nos nomes dos músicos, e aprender algunha cousiña sobre eles!!

 

O xogo está creado polos artistas Susana Monteagudo y Luis Demano

 

Para descargalo debes facer clic AQUÍ

Familias de instrumentos

07/05/2020 12:48
Europe/Madrid

Actividade de recordo das familias de instrumentos.

 

Non é necesario imprimir a ficha que vos adxunto. Pódese facer nun folio ou nun documento de texto nun ordenador, como prefirades.

Tomádeo con calma!!

Descarga a ficha aquí

Musicograma sobre o maio

07/05/2020 10:57
Europe/Madrid

Ola!!

 

 

Este é un enlace a un vídeo moi interesante. 

É unha canción tradicional sobre o Maio, unha tradición galega moi bonita que se festexa para darlle a benvida á primavera.

Escoitade ben a explicación ao inicio do vídeo, e tratade de seguir os pictogramas que aparecen durante a canción.

 

E ...ollo!! Na segunda parte deberedes acompañar con palmas ao ritmo, cando volo indiquen.

Clica no enlace!!

Musicograma Maio

Constrúe unha frauta!!

21/04/2020 11:43
Europe/Madrid

Proba a construir un instrumento musical con só unha palliña. 

Neste vídeo tés toda a información. Fai clic aquí.

 

Algúns consellos...

 

-Primeiro tenta facer soar a palliña antes de facerlle ningún burato...

-Proba a facer varias frautas, de varias lonxitudes, e verás que soan diferente.

-Unha vez que es capaz de facela soar, podes facerlle algún burato, os que queiras.

- Na imaxe adxunta tedes algúns detalles

3º e 4º. Actividades Linguaxe Musical

 

Recorda algo de linguaxe musical realizando estas actividades online.

 

Clica no enlace...

 

Linguaxe musical

 

Máis linguaxe musical

1º e 2º de Primaria Actividades rítmicas online

 

Pincha no enlace para realizar estas actividades rítmicas. Recorda activar o son!!

 

negraysilencio.html

Pasatempos rítmicos 1º e 2º

Ola!! Facede clic para descargar as actividades.

Distribuir contido


by Dr. Radut