Skip to Content

Taboleiro

Esta semana celebramos a "semana da paz".

Educación Infantil. Letras Galegas

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

As pitas baixo a choiva", de Ricardo Carvalho Calero by Edicións ... 

Ricardo Carballo Calero

 

Acércase o Día das Letras Galegas!!! Este ano está dedicado a Ricardo Carballo Calero, escritor, profesor e defensor da nosa lingua e da nosa cultura. Neste conto Carballo Calero cóntanos unha aventura que lle aconteceu sendo pequeno, un día de choiva cando quería recoller as galillas e todos acabaron mollados coma pitos, el, as galillas, a súa familia...

Se queres coñecer o conto pincha no adxunto.

                              BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

XOGANDO COA ARTE

                                                                     

QUEN VEN SENDO?

 

                                            Marco Antiguo 634. Exterior: 65x55cm - Venta de Cuadros

OHH! QUE LLE PASOU A ESTE CADRO? SERÁ ASÍ? TI QUE PENSAS? TEMOS QUE CONSEGUIR ADIVIÑAR QUE SE AGOCHA DEBAIXO DA COR BRANCA QUE SO NOS DEIXA VER O MARCO. É UN MARCO CHULI PERO NON CREO QUE PUCA NOS DEIXARA SO UN CADRO BRANCO...

PREME NO ADXUNTO E ... A XOGAR!!!

 

 

Educación Infantil. Descubrindo contos 4 !!!

 

         A PRINCESA QUE BOCEXABA A TODAS HORAS 

 

 

Puca proponvos esta semana o conto da Ed. OQO A Princesa que bocexaba a todas horas.

A princesa non facía máis que bocexar e, como os bocexos son tan contaxiosos, todo o palacio andaba coa boca aberta: o rei, a raíña, os ministros…, mesmo o gato e o can do xardineiro bocexaban.

Non esquezamos nunca o valor dunha amistade!!!

Este conto é moi especial para Puca, seguro que axiña descubrides a razón

 

(pincha no adxunto  para seguir a aventura)

Educación Infantil. Descubrindo contos 3 !!!

 

ELMER

   

https://www.youtube.com/watch?v=T3u0AoA-E-s

 

Hoxe Puca proponvos gozar con Elmer, un conto de David Mckee.

Elmer é un elefante de cores, é diferente dos demais elefantes. Aínda que pareza difícil de crer, é un elefante de mil colores: verde, azul, branco, rosa, amarelo… Impresionante, verdade? os outros elefantes quéreno e  rin moito con el porque é tan alegre coma a color da súa pel. Pero el no quere ser diferente...

Todos somos iguais, todos somos diferentes. 

Listos para comezar esta aventura?

 (Pincha no adxunto para seguir a aventura)

Educación Infantil Descubrindo contos!!!

 A CEBRA CAMILA

 Resultado de imaxes para cebra camila 

( Pincha no adxunto para seguir a aventura)

Camila é unha pequena cebra que xa non quere levar a súa roupa, xa non é pequena, quere espirse e rodar polos campos gozando do mundo. Sen facer caso dos consellos da súa nai, Camila segue o seu instinto, pero "o vento bandido" lévalle 7 raias da súa pel.

Aos poucos a cebra Camila vai atopando a raias perdidas grazas á axuda dos animais que atopará no seu camiño de volta a casa. Este é un conto da Ed. Kalandraka que Puca ten na nosa biblioteca para nenas e nenos de Infantil e 1º ciclo de Primaria. Recordade etiqueta vermella!!!

Boa aventura lectores!!!

6º Educación Infantil (5 anos)

Cousiñas que vos poden divertir...#euquedonacasa

( preme no adxunto para poder ver)

NOVO BLOGUE DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Deixo o enlace do novo Blogue do Departamento de Orientación. Espero que vos guste e vos sexa de proveito.

 

https://orientacioncervosanciprian.blogspot.com/

 

 

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

VER NO FICHEIRO ADXUNTO ->

Distribuir contido


by Dr. Radut