Skip to Content

Contidos

MATERIAL DE EDUCACIÓN FÍSICA 2024-2025

Ola familias!

 

Benvidos a un novo curso. Envíovos o material necesario para a área de Educación Física, así como o decálogo das nosas clases, agradecendo a vosa colaboración de anteman.

*** Pincha na imaxe para ampliar

MATERIAL DE E.F. PARA 1º E 2º 

   

MATERIAL DE E.F. PARA 3º, 4º, 5º E 6º

 DECÁLOGO DE E.F.

MATERIAL PARA EDUCACIÓN FÍSICA CURSO 2023-2024

Ola familias,

Aquí vos mostramos o material que ten que traer o alumnado para as sesións de educación física, os horarios de cada grupo e tamén as normas da clase.

Bo inicio de curso a todas e todos!!!

 

 * Pincha na imaxe para ampliar

          MATERIAL 1º E 2º DE ED. PRIMARIA:                        MATERIAL DE 3º A 6º DE ED. PRIMARIA:

   

 

          DECÁLOGO DE EDUCACIÓN FÍSICA:

MATERIAL E SESIÓNS EDUCACIÓN FÍSICA 22-23

Este curso, por fin, podemos retomar os hábitos de aseo despois das sesións de EF.

Aquí vos deixamos o material que ten que traer o alumnado de primaria e os horarios das clases, por cursos.

Moitas grazas pola colaboración.

 

 * Pincha sobre a imaxe para ampliar

   MATERIAL E SESIÓNS DE 1º E 2º DE E.P.                    MATERIAL E SESIÓNS DE 3º A 6º DE E.P.

      

Semana branca 2022

Despois dunha semana moi intensa, onte foi o momento de despedirse de Leitariegos. Foron 5 días cheos de aprendizaxe, emoción, deporte, compañeirismo, diversión e moita neve. Grazas a Ayuko Aventura por facilitarnos a planificación da viaxe, á escola de esquí Leitariegos polas clases e, especialmente ao noso monitor Martín P. por despertarnos con alegría, axudarnos a esquiar e amosarnos contos tan especiais.

Como define o alumnado de 5º e 6º de Primaria esta experiencia en 2 palabras?

Antón (6º): "Diversión e empatía."

Gaia (5º): "Diversión e aventura."

Lucía (6º): "Divertida e emocionante."

Sara (6º): "Alegría e diversión."

Lucía (5º): "Alegre e divertida."

Hugo (6º): "Divertida e emocionante."

Teo (6º): "Entretida e guai."

Candela (6º): "Emocionante e diferente."

Marcelo (5º): "Esquí e emoción."

Adrián (6º): "Precioso e nevado."

Celia (6º): "Diferente e emocionante."

Mateo (5º): "Felicidade e emoción."

Divane (6º): "Entretida e guai."

Patricia (6º): "Incrible e marabillosa."

María (6º): "Incrible e divertida."

Clara (5º): "Diferente e incrible."

Lara (6º): "Divertida."

Marcos (5º): "Chula e xenial."

Niki (5º): "Divertida."

Bruno (5º): "Moi divertida."

Jairo (6º): "Control e diversión."

Álex (5º): "Divertida e cansada."   

Dani (5º): "Guai e impactante."

Descansos activos

PROTOCOLO COVID EDUCACIÓN FÍSICA 21-22

Día da EF na rúa 2021

Aquí está o vídeo colaborativo do Día da Educación Física na rúa 2021, elaborado polo Seminario de EF da Mariña. Esperamos que o disfrutedes!! 

PROTOCOLO COVID EDUCACIÓN FÍSICA

Protocolo COVID-19 para a área de Educación Física:

Carreira Solidaria Virtual "Corre por Nós"

Como todos os anos, imos celebrar a Carreira Solidaria, desta vez de forma Virtual, xa que agora máis que nunca temos a oportunidade de axudar a aqueles que máis o precisan.

O nenos e nenas de 6º anímannos a participar: 

Inscríbete en: https://web.rockthesport.com/es/es/master/evento/carreira-solidaria-virtual-colexio-de-cervo-corre

Tedes toda a información no regulamento: 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervo/system/files/Regulamento%20Carreira.pdf

VÍDEOS: ACROSPORT / IOGA (4º RETO)

Damos por finalizado o BreakOut "Onde está Brinco" cos vídeos do último reto, Acrosport e Ioga. Noraboa a todos/as os que conseguistes a clave para atopar a Brinco!! 

Estade moi atentos/as que a próxima semana temos unha NOVA PROPOSTA...

 

ATOPASTES A BRINCO??

Hoxe recibides o último número do código para atopar a Brinco, marcádeo por orde e mirade a ver se aparece por fin...

VÍDEOS: QUE O RITMO NON PARE!! (3º RETO)

Xa podedes ver os vídeos do 3º reto: Que o ritmo non pare!!

Disfrutádeos!!

 

 

4º RETO "ONDE ESTÁ BRINCO?": ACROSPORT / IOGA

Chegamos ao 4º e último reto do BreakOut. Só nos queda un número do código secreto para descubrir onde está Brinco, estás preparado/a??

Mira as instruccións na presentación e participa!!

VÍDEOS: CREA O TEU CIRCUITO (2º RETO)

Aquí están os vídeos do 2º reto de Onde está Brinco: Crea o teu circuito.

Disfrutadeos!!!

3º RETO "ONDE ESTÁ BRINCO?": QUE O RITMO NON PARE!!

Xa podedes ver o 3º reto do BreakOut "Onde está Brinco?"

Esta vez con moito ritmo. Lé as instruccións na presentación e a participar!!

VÍDEOS DOS XOGOS OLÍMPICOS DA MARIÑA

Aquí están os vídeos de todos os participantes do noso Cole nos Xogos Olímpicos da Mariña.

Noraboa polo voso traballo e pola gran participación. Espero que vos gusten!!

VÍDEOS GAÑADORES DOS XOGOS OLÍMPICOS DA MARIÑA!!

Xa podedes ver os mellores vídeos seleccionados por cada centro nas modalidades de Medalla de Ouro, Medalla de Prata e Medalla de Bronce.

NORABOA AOS NOSOS/AS GAÑADORES/AS:

Medalla de Ouro: Triana Fernández Pardo

Medalla de Prata: Amelia Fernández Maseda e Alba Fernández Quelle

Medalla de Bronce: Nicholas Gibson Tostón

 

2º Reto "Onde está Brinco?": Crea o teu circuito

04/05/2020 20:09
Europe/Madrid

Xa está desbloqueado o segundo reto do BreakOut "Onde está Brinco?" (entra na presentación)

Ánimo e a polo segunda cifra do código secreto!!

28 de abril: "Día da EF na Casa" (1º Reto "Onde está Brinco?")

O martes 28 de abril conmemórase o Día da Educación Física na Rúa, pero como ben sabedes, este ano temos que facelo doutra forma, así que celebraremos o "Día da Educación Física na Casa". Por iso, un grupo de profesores de Educación Física de once centros da Mariña, propoñémosvos o seguinte reto. Atréveste a facelo??

Xa sabes que se me envías o vídeo conseguirás o primeiro número do código para atopar a Brinco. Ánimo!!

 MOI IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS: Cos vídeos enviados prepararemos unha montaxe conxunta co resto de vídeos recibidos e serán publicados na propia aplicación do xogo proposto (Genially), nesta páxina web e noutras Redes Sociais que utiliza o noso cole e o resto dos centros participantes. Se non autorizades que se publique o vídeo que enviades, simplemente tedes que indicarmo no momento en que mo mandades, desta forma non se fará público. Entenderéi que se non especificades nadaestades a autorizar o uso da imaxe

Onde está Brinco?

26/04/2020 20:53
Europe/Madrid

Ola chic@s! Preciso da vosa axuda urxentemente!!

Como vos dixen o outro día, estou moi preocupada por Brinco, xa que non o atopo, queredes axudarme a buscalo? Si é así pinchade na imaxe de abaixo e levaravos a vivir unha aventura moi divertida. Lede atentamente as instruccións e comezade xa a participar no primeiro reto que vos propoño para esta semana.

¡¡Espero que o disfrutedes!!

 

 

MOI IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS: Cos vídeos enviados prepararéi unha montaxe conxunta co resto de vídeos recibidos e serán publicados na propia aplicación do xogo proposto (Genially), nesta páxina web e noutras Redes Sociais que utiliza o noso cole. Se non autorizades que se publique o vídeo que enviades, simplemente tedes que indicarmo no momento en que mo mandades, desta forma non se fará público. Entenderéi que se non especificades nada, estades a autorizar o uso da imaxe

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut