Skip to Content

Contidos

ESTADE MOI ATENTOS/AS!!!

24/04/2020 13:51
Europe/Madrid

Ola chicos/as!!

Espero que vos atopedes todos moi ben, xa sabedes que queda pouquiño para que podades sair un ratiño da casa, sede moi responsables nestas saídas e disfrutádeas!!

Estou moi preocupada porque NON ATOPO A BRINCO!!!, así que preciso da vosa axuda. Este luns (27 de abril) estade moi atentos/as porque vos presentarei unha nova proposta de Educación Física baseada en distintos retos que tedes que ir conseguindo para axudarme a atopalo, e á vez que sigades activos e o pasedes ben. Puxen moita ilusión preparando este novo traballo esperando que vos guste moito e que participedes. 

Ademais, o martes que ven, 28 de abril, sería o Día de Educación Física na Rúa, pero como sabedes, este ano temos que cambialo polo Día de Educación Física na Casa. Este día celebrarémolo dunha forma especial en colaboración con moitos outros centros da Mariña. Así que estade ben atentos!! Un saúdo para todas e todos e animádevos a participar, que será moi divertido!!!

Constrúe unha frauta!!

21/04/2020 11:43
Europe/Madrid

Proba a construir un instrumento musical con só unha palliña. 

Neste vídeo tés toda a información. Fai clic aquí.

 

Algúns consellos...

 

-Primeiro tenta facer soar a palliña antes de facerlle ningún burato...

-Proba a facer varias frautas, de varias lonxitudes, e verás que soan diferente.

-Unha vez que es capaz de facela soar, podes facerlle algún burato, os que queiras.

- Na imaxe adxunta tedes algúns detalles

Propostas de Educación Física para xogar na casa (1º a 4º)

27/03/2020 12:43
Europe/Madrid

Preséntovos distintas propostas de xogos e actividades físicas que podedes realizar na casa. (Pincha no enlace):

Propostas de EF en casa

Recomendacións de Educación Física (3º a 6º) #QuédateNaCasa

Recomendacións de Educación Física para o confinamento na casa, para os cursos de 3º a 6º de Primaria (pincha no arquivo adxunto)

Distribuir contido


by Dr. Radut