Skip to Content

Inminente remate prazo inscrición colaboradores comedor

As nais e pais do alumnado deste centro de ensino que desexen colaborar nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección do centro.

Os pais/nais recibirán unha compensación económica de 12,50€ cada día que colaboren polos gastos de dedicación e desprazamentos. Os importes resultantes aboaranse mediante tres pagamentos que comprenderán os meses de setembro a decembro, xaneiro a marzo e abril a xuño (a eses importes aplicáraselle a retención fiscal que corresponda). Ademais, os días que colaboran poden comer gratuitamente no comedor escolar.

Tal e como recolle a Instrución 2/2023, o prazo para presentar solicitudes aquelas nais/pais que non colaboraran o curso pasado permanece aínda aberto ata o 21 de decembro de 2023.

En que consiste a colaboración?

Funcións das persoas colaboradoras:

a) Cumprir co labor de coidado, atención educativa ao alumnado e apoio ás actividades establecidas de acordo co programa anual do servizo de comedor escolar.
b) Coordinar tarefas relativas á educación para a saúde, adquisición de hábitos sociais e unha correcta utilización e conservación da menaxe de comedor.
c) Axudar os alumnos e as alumnas que, por idade ou necesidades asociadas a condicións persoais específicas de discapacidade, necesiten a colaboración e soporte dun adulto nas actividades de alimentación e aseo.
d) Informar o equipo directivo do centro, no modelo de impreso que este lles facilitará, de calquera incidencia relacionada co desenvolvemento do servizo de comedor, para que aquel o poña en coñecemento das familias.
e) Atención ao alumnado nos períodos de antes e despois do xantar (dende as 14:30 ata as 16:00), basicamente no exercicio e desenvolvemento de actividades programadas para eses períodos, atendendo ás orientacións do encargado do servizo de comedor escolar.
f) En razón do carácter educativo do servizo de comedor escolar fomentarase a colaboración do alumnado a partir de 5º de primaria, sen que iso supoña, a ausencia física ou substitución do persoal habitual encargado da atención no devandito servizo.
O persoal  que participe voluntariamente na tarefa de atención ao alumnado no servizo de comedor escolar non poderá abandonala, a non ser por causa xustificada, e sempre con coñecemento e autorización da dirección do centro (artigo 8.2 da Orde do 21 de febreiro de 2007).



page | by Dr. Radut