Dende hoxe, 20 de abril de 2022, a máscara NON é obrigatoria no interior dos centros educativos trala publicación do Real Decreto 286/2022. A Consellería de Educación segue a recomendar o seu uso nos centros educativos. Mantéñense en vigor o resto de medidas contempladas no Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario (6/7/2021).