Skip to Content

Inicio de curso 2021/22

Benvidas/os ao curso 2021/22! Deixámosvos aquí unha serie de indicacións para os primeiros días antes das reunións de familias coas titoras, xa que estas terán lugar unha vez comezado o curso (durante o mes de setembro).

  • Importantísima a puntualidade na entrada do alumnado.
  • O alumnado non transportado esperará coa familia a que o profesorado encargado vaia chamando por cursos ás 9:35. Desta maneira poderemos entrar sen mesturarnos.
  • Non se permite a entrada dos proxenitores no centro agás para trámites administrativos.
  • O horario de dirección/secretaría será de 10:00 a 10:30 todos os días, respectando sempre as medidas hixiénico-sanitaritas (máscara, desinfección de mans, distancia).
  • Todo o alumnado deberá traer dous estoxos para máscaras: un coa máscara de reposto e outro para gardar a que se está usando no momento de beber ou comer.
  • O servizo de comedor funcionará dende o primeiro día de cole (excepto para o alumnado de 4º de Infantil).
  • Ás 15:30 rematan as nenas/os de comer no comedor. Sería convinte que esa fora a hora de recollida do alumnado debido ás dificultades que atopamos neste tempo para que non se mesturen os grupos estables de convivencia.
  • Lembrámosvos ter instalada a aplicación abalarMóbil, xa que este será o medio que empregaremos para comunicar novas.
  • Nos próximos días subiremos o Plan de adaptación á situación COVID-19 actualizado para este curso académico, do que vos deixamos un resumo aquí.

Ata xoves!



blog | by Dr. Radut