Tras a reunión do Consello da Xunta do pasado 15 de outubro adoptáronse, entre outros,
dous acordos de importancia para o comedor escolar:
- Incrementar o importe diario de compensación económica
ás persoas que colaboren no comedor escolar na vixiancia e garda do alumnado, elevándose a 12,50 € por día de asistencia efectiva ao comedor.
- Ampliar excepcionalmente a outros familiares convivintes,
que residan non domicilio dos menores, a posibilidade de colaborar no comedor escolar.
A ampliación manterase mentras duren as medidas educativas e sanitarias para paliar os efectos da pandemia.