Skip to Content

Localización

O noso centro atópase no concello de Cervo. Este está situado no norte da provincia de Lugo, nas chamadas Rías Altas Galegas; pertence á comarca da Mariña Oriental e linda ó Norte co Mar Cantábrico, ó Sur co Concello do Valadouro, ó Leste cos Concellos de Burela e Foz e ó Oeste co Concello de Xove.

O Concello de Cervo ten unha extensión de 75 Km2, unha poboación duns 4.950 habitantes e unha densidade de 66 hab/ Km2, que se distribúen nas seis parroquias existentes: Castelo, Cervo, Rúa, San Román de Vilaestrofe, Sargadelos e Lieiro.



page | by Dr. Radut