A comunidade educativa do CEIP de Cervo está de celebración!
O noso colexio foi un dos 2 centros galardoados na modalidade 2.b) (proxectos de investigación internivelares) do IX Concurso de Traballos por Proxectos grazas ao proxecto internivel levado a cabo durante o curso 2022/23 polas aulas de 5º e 6º de Primaria: "Un paseo ao longo da historia: a evolución da escritura e das bibliotecas".
A continuación podedes ver:
- Resolución na que se nos outorga o premio.
- Proxecto presentado ao Concurso no que se explica o proxecto internivel levado a cabo polas aulas de 5º e 6º de Primaria durante o curso 2022/23 relacionado co PDI do centro "O museo das letras".
- Enlace con todos os proxectos que resultaron premiados.