O Claustro e o Consello Escolar teñen acordado como sinais de identidade deste colexio as seguintes:
1) Promover os valores de cooperación e solidariedade, coeducación e educación para a paz.
2) Normalización e uso do galego como lingua vehicular de ensino e de relación con toda a comunidade educativa.
3) Promover a participación e o consenso de toda a comunidade educativa no establecemento das liñas xerais de actuación e de programación.
4) A atención á diversidade como principio orientador da metodoloxía de aprendizaxe.