Durante esta semana (do luns 6 ao venres 10 de maio), a froita repartida no recreo a todo o alumnado do centro será ecolóxica e de tempada, grazas ás axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido ao alumnado de centros escolares. Cada día ofrecerase unha froita en concreto. Hoxe luns repartíronse amorodos e para os outros días (en función da súa madurez) temos nísperos, nectarinas amarelas, albaricoques e sandías mini.