Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Abril 20, 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
20
21
Start: 21/04/2020 11:43

Proba a construir un instrumento musical con só unha palliña. 

Neste vídeo tés toda a información. Fai clic aquí.

 

Algúns consellos...

 

-Primeiro tenta facer soar a palliña antes de facerlle ningún burato...

-Proba a facer varias frautas, de varias lonxitudes, e verás que soan diferente.

-Unha vez que es capaz de facela soar, podes facerlle algún burato, os que queiras.

- Na imaxe adxunta tedes algúns detalles

22
23
24
Start: 24/04/2020 13:51

Ola chicos/as!!

Espero que vos atopedes todos moi ben, xa sabedes que queda pouquiño para que podades sair un ratiño da casa, sede moi responsables nestas saídas e disfrutádeas!!

Estou moi preocupada porque NON ATOPO A BRINCO!!!, así que preciso da vosa axuda. Este luns (27 de abril) estade moi atentos/as porque vos presentarei unha nova proposta de Educación Física baseada en distintos retos que tedes que ir conseguindo para axudarme a atopalo, e á vez que sigades activos e o pasedes ben. Puxen moita ilusión preparando este novo traballo esperando que vos guste moito e que participedes. 

Ademais, o martes que ven, 28 de abril, sería o Día de Educación Física na Rúa, pero como sabedes, este ano temos que cambialo polo Día de Educación Física na Casa. Este día celebrarémolo dunha forma especial en colaboración con moitos outros centros da Mariña. Así que estade ben atentos!! Un saúdo para todas e todos e animádevos a participar, que será moi divertido!!!

25
26
Start: 26/04/2020 20:53

Ola chic@s! Preciso da vosa axuda urxentemente!!

Como vos dixen o outro día, estou moi preocupada por Brinco, xa que non o atopo, queredes axudarme a buscalo? Si é así pinchade na imaxe de abaixo e levaravos a vivir unha aventura moi divertida. Lede atentamente as instruccións e comezade xa a participar no primeiro reto que vos propoño para esta semana.

¡¡Espero que o disfrutedes!!

 

 

MOI IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS: Cos vídeos enviados prepararéi unha montaxe conxunta co resto de vídeos recibidos e serán publicados na propia aplicación do xogo proposto (Genially), nesta páxina web e noutras Redes Sociais que utiliza o noso cole. Se non autorizades que se publique o vídeo que enviades, simplemente tedes que indicarmo no momento en que mo mandades, desta forma non se fará público. Entenderéi que se non especificades nada, estades a autorizar o uso da imaxe

 

 
Distribuir contido


by Dr. Radut