Skip to Content

Comedor

Menú comedor escolar 2020/2021

CONVOCADAS AXUDAS PARA USUARIOS* DO COMEDOR ESCOLAR

30/03/2020
Europe/Madrid

 

O prazo iníciase o día 31 de marzo, e remata o 6 de abril.

 

Poderán solicitar esta axuda as familias usuarias do comedor que comen gratuitamente, e os que pagan 1€ por día.

 

As axudas consisten no aboamento por parte da Consellería de 2,5€ ou 1,5€ (para alumnado gratuito ou que paga 1€, respectivamente) por día de clase suspendida dende que se decretou o estado de alarma.

 

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 https://sede.xunta.gal/chave365

 

As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo colaboren na formalización da solicitude. Para estes efectos, estas familias poden poñerse en contacto co centro no correo electrónico ceip.cervo@edu.xunta.es, para darlle solución .

 


*usuarios con gratuidade, ou pago 1€


Toda a información clicando no enlace:

 

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR

Distribuir contido


by Dr. Radut