Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Un xuño de despedidas, planetas e moitas risas!

E así como se nada chegamos a xuño, o mes que marca o fin do curso escolar. Non se pode dicir que non o aproveitamos o maximoposible, pois en cuestión de vinte días puxemos fin ao noso proxecto, xunto a moitas outras actividades que desfrutamos un montón.

Como non podía ser doutro xeito, comezamos ensinando todo o que fixemos como parte do noso proxecto. O resultado final que buscamos era unha maqueta do Sistema Solar, unha maqueta onde puideramos ver as constelacións, os planetas, as distancias con respecto ao sol, a diferencia de tamaño entre os distintos planetas... E por suposto, outras actividades como as relacionadas coas capas da atmosfera ou o super album que fixemos de elementos e persoas relacionados cos planetas.

E mentres estábamos coa cabeza na Lúa, tamén fixemos moitas outras actividades e xogos para seguir traballando distintas habilidades. Recreamos o cadro das "Meninas", construimos edificios, xogamos ao memory con marcas de coches, Julia ensinounos o niño que atopou na súa casa, aprendemos sobre Federico García Lorca, coidamos un ovo...

E unha das actividades máis chulas foi a seguinte, unha clase de matemáticas internivel co alumnado de 5º e 6º de EP. Eles e elas estaban a traballar estadística, e nós sempre estamos dispostos e dispostas a axudar. Así que para practicar, os nenos e nenas da clase levaron a cabo unha enquisa co que iso implica: recollida de datos, conteo, elaboración dunha táboa de datos... Foi xenial, pois os maiores aprenderon a calcular a moda e a media; e os pequenos desenvolvemos as nosas habilidades de lectoescritura e lóxica-matemática.

Celebramos os aniversarios de xuño e do verán, unha festa que marca a última celebración do alumando de 6º de EI como parte da etapa. Breixo, Matías, Julia e Manuel foron os anfitrións da festa, e entre camisetas e coroas; prepararon tamén unha deliciosa tarta da que non sobrou nin un anaco!

Tivemos moito lío recreando a famosa araña "Mamá" (pero no noso caso, un chisquiño máis pequenas). incluso engadimos un cadro que nos serviu para facer a súa tea de araña con fío e cartón. Deste xeito, traballamos as nosas habilidades motrices finas, encaixando o fío polos buratos do cartón para colgar a nosa araña.

Despois de meses de coidados, colleitamos as nosas cebolas, que por chegaron a botar unhas flores preciosas. Cada un dos alumnos e alumnas de infantil levamos unha a casa que agardamos que as familias desfrutasedes como parte das vosas receitas favoritas.

Participamos ademais nunca xincana en San Antoniño, onde tivemos que poñer en práctica todas as habilidades e coñecementos adquiridos ao longo do curso escolar. Falamos das revolucionarias, cheiramos as maletas das letras atopadas na clase unha vez máis, buscamos as distintas pistas no mapa... E por suposto, todo isto foi posible grazas ao esforzo e traballo do noso profe de educación física, Paulo. Grazas por organizar actividades tan xeniais como esta!

E falando de Paulo, entregou tamén os premios dos nutrirecreos aos compañeiros e compañeiras con máis puntos de cada aula. No caso da nosa clase, as gañadoras foron Zahara, Julia e Ana, que tiveron uns regalos super chulos como recompensa polas merendas saudables que levan traendo ao cole durante todo o curso. Parabéns!

E con isto despedimos o curso escolar, foi un pracer compartir con vós todas as nosas aventuras. Seguide atentos porque o blog continúa activo amosando todas as actividades complementarias que levamos a cabo. E unha vez máis, grazas a todas as familias que nos len e colaboran facendo todo isto posible.

Vémonos o vindeiro curso!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 50 invitados conectados.