(2023-2024) E ademais... no mes de maio tamén sucedeu todo isto en Infantil 2
No mes de maio, en INFANTIL 2, sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:
- 01/06/24: [Infantil xuntos] (2023-2024) Así celebramos os aniversarios do mes de maio
- 15/05/24: (2023-2024) Creamos un álbum de peixes, como o primeiro produto final da nosa investigación.
- 11/05/24: [Infantil xuntos] (2023-2024) Así de ben o pasamos na nosa visita á granxa escola "Fervenzaventura"
Tamén comezamos a traballar na creación do vídeo-documental do noso proxecto de investigación sobre os peixes, o segundo produto final, do que vos daremos cumprida conta nunha futura entrada.
Pero ademais tamén tivo lugar todo o que vos contamos de seguido:
Cada día o encargado ou encargado/a continuou a ser o/a responsable de completar o calendario online, levar a cabo os rexistros e outra chea de responsabilidades.
Continuamos a participar nos "apadriñamentos lectores", organizados pola Biblioteca do centro. Nestas semanas os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º viñeron a lernos contos.
Participamos un curso máis, xunto aos compañeiros e compañeiras do colexio en "Lecturas na carballeira".
Nesta ocasión contaríamos a vida da homenaxeada polas Letras Galegas "Luisa Villalta", para o que creamos un mural coa liña da "súa vida".
Uns ensaios na clase antes de "actuar" diante de todo o mundo na "Carballeira do Concello"
Así de ben o fixemos, ata recibimos aplausos das familias e veciños que asistiron á celebración.
Máis información sobre esta edición de "Lecturas na carballeira" dipoñible na seguinte ligazón:
Biblioteca escolar: (2023-2024) VIII EDICIÓN DE LECTURAS NA CARBALLEIRA
Seguimos a completar a noso dicionario xigante, empregando a aplicación online do dicionario, coas imaxes e textos das nosas palabras favoritas.
Levamos a cabo un experimento con flores e colorante, o últmo deste curso. Nesta ocasión serían os compañeiros de Infantil 1 os encargados de rodar o vídeo do mesmo.
Podes ver os vídeos que creamos, de cada un dos experimentos deste curso, na seguinte ligazón.
Experimentos do curso 2023-2024
Cada venres participamos no préstamo de libros para casa, empregando unha aplicación que podes atopar no recanto de infantil.
Por quendas seguimos a levar a mochila "de lecer" para as nosas casas. Comezamos a segunda volta, posto que todos e todas xa a leváramos para casa.
Seguimos coa nosa colaboración na elaboración dun menú semanal saudable, xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.
Exploramos o noso potencial creativo son difrentes técnicas de plásticas. .
Despedímonos de Abby, a "auxiliar de conversa" que nos acompañou ao longo dete curso.