(2023-2024) I Xornada de convivencia de xogos populares
O luns 27 de maio desprazámonos ata o campo de fútbol "As extremas", en Cotobade, para desfrutar dunha xornada de xogos populares na compañía doutros centros da zona Terra de Montes. Esta xornada, iniciativa pioneira dos mestres/as que imparten clase en dita zona, tivo por obxectivo fomentar os xogos populares á vez que convivimos e coñecemos nenos/as doutros centros.
O día e a ubicación era ideais para a xornada.
Cando chegamos, organizáronnos en equipos heteroxéneos e explicáronnos o funcionamento dos xogos. O resto foi desfrutar!
Pero, tamén houbo tempo para repoñer forzas, non todo é xogar!
Para o ano repetimos. Que ben pasamos!!!