(2019-2020) Superamos diferentes retos e comezamos a traballar co wedo, na área de libre elección de robótica, neste primeiro trimestre.
Neste primeiro trimestre os compañeiros e compañeiras de 4º curso teñen como área de libre elección "robótica", xunto a eles os nenos e nenas de 3º tamén participaron nas mesmas.
Superaron diferentes retos empregando o beebot e probot, así como outros robots dispoñibles na aula de robótica.
Tivemos que facer cálculos matemáticos, razonamentos lóxicos, plantexar hipóteses e contrastar os resultados e... sobre todo traballar de forma cooperativa e coordinada entre todos e todas para superar os diferentes retos.
Traballando en equipos cooperativos comezamos a explorar as posibilidades do Lego wedo... usando os motores e sensores programándoos co ordenador.
Cada equipo deseñou, construiu e programou os diferentes robots plantexados, presentándoos ós seus compañeiros e compañeiras, tras ter planificado o que querían contar.
Tras cada reto levamos a cabo, en equipo, unha auto-avaliación de como traballamos en equipo.
Nas últimas semanas, antes de rematar o trimestre, organizámonos en tres grandes equipos para deseñar, construír e programar un coche que participase nunha carreira.
Os diferentes deseños, creados por cada equipo, estiveron expostos na aula de robótica durante todo proceso.
Levamos a cabo grandes negociacións e diálogos para acodar como craar un coche que fose rápido pero "molón" ;)
E despois de moitas probas, ensaios, erros e rectificacións, tanto de código como de construción, chegou o día da gran e emocionante carreira.
No segundo trimestre aínda nos queda moito por traballar tanto co wedo, como cos outros robots que temos na aula de robótica.
Podes ler de seguido todo que facemos nos obradoiros de robótica libres, nos recreos dos luns.