Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) Últimos pasos da nosa investigación sobre Charles Chaplin

Podes ver as entradas publicadas anteriormente sobre este proxecto de traballo e investigación, nas seguintes ligazóns:

27/11/14:  Comezamos a investigar sobre Chaplin para rodar a nosa propia película 

5/12/14: Resolvendo máis preguntas sobre Charles Chaplin

24/01/15: (2014-2015) Xogamos a pensar coas películas de Chaplin durante a nosa investigación

21/03/15: (2014-2015) Rematando a investigación sobre Chaplín para comezar a preparar a rodaxe da nosa película

 

E por suposto podes ver o proceso creción e rodaxe da nosa película nas seguintes entradas:

20/04/15: (2014-2015) Preparámo-la rodaxe da nosa película "como as de Chaplin"  

01/05/15:  (2014-2015) Rematando a post-producción da película. Queres ver o trailer?

 

Despois de todo o que traballamos e investigamos sobre Chaplin e unha vez rematamos de preparar e rodar a nosa pregunta, quedaban aínda algunhas pequenas cousas que rematar da nosa investigación, antes de levar a cabo a estrea da nosa película por todo o alto, tanto para os pais/nais e compañeiros/as, como na web.

 

Visionamos as nosas grabacións, como o baile dos "panciños", que podes ver nas entradas precedentes e a nosa película xa rematada.

 

Anotamos no noso mural da investigación, quenes asumiron os diferentes roles dentro do noso equipo de rodaxe.

 

Pegando a fotografía de cada un parella ou grupo, no rol que xa tiñamos pegado no mural como resposta á pregunta de "como se rodaba unha película". Agora xa o sabemos de primeira man, e puidemos completar esa resposta con "feitos reais".

 

Engadimos esta información ó noso dossier personal, recortando as fotografías.

 

E pegándoas nun "libro de rodaxe" xunto á imaxe que se correspondía cos distintos roles, escribindo o seu nome. Agora xa estaba rematada a nosa investigación.

 

Ademais tamén acadamos o noso obxectivo, "rodar unha película como as de Chaplin", pero aínda quedaba por organizar e preparar a presentación ó público da película... moi pronto poderás vela nesta web e xa vos contaremos como foi a "estrea para  as familias", como sempre nunha entrada futura.

 

Se queres descubrir todo o que averiguamos, tanto nos, como os nosos compañeiros de infantil 1, tan só tes que pasarte polo corredor de infantil, onde atoparás todo isto (e se aínda non o fixeches podes sacarte unha foto no noso fotomatón) 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.