Blog de dinamización da lingua galega
Menú
Entradas no blog de Dinamización da lingua galega.
19/11/24: (2024-2025) Samaín 2024 obradoiro: Conto de medo con efectos de son
30/10/24: (2024-2025) Celebramos o Samaín e o Magosto no SAMAGOSTO.
07/02/24: (2023-2024) ENTROIDO 2024: Serafín manda traer posto.
31/10/23: (2023-2024) Polo Samaín, participamos nuns obradoiros de terroríficos
31/10/23: (2023-2024) Fotomatón terrorífico na celebración do Samaín
23/05/23: 2022-2023 LECTURAS NA CARBALLEIRA
12/06/23: (2022-2023) Libros en cada recuncho do cole
12/06/23: (2022-2023) Bicos, bicos e máis bicos!
12/06/23: (2022-2023) Camiño á escola
12/06/23: (2022-2023) Traballamos a "Química emocional" coa nosa táboa periódica das emocións
12/06/23: (2022-2023) - TRABALLANDO AS EMOCIÓNS COAS FAMILIAS
12/06/23: 2022-2023 TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS CO ALUMNADO
12/06/23: (2022-2023) Un gran recital de poesía no colexio
12/06/23: (2022-2023) O 8M é violeta e verde
12/06/23: (2022-2023) XORNADAS DE BENESTAR EMOCIONAL
01/03/23: 2022-2023 APRENDEMOS A RECICLAR
12/06/23: (2022-2023) San Valentín non so é para os namorados!
17/02/23: (2022-2023) Entroido 2023: Un destile de emocións [vídeo]
15/02/23: (2022-2023) ENTROIDO: Serafín manda traer posto.
27/10/22: (2022-2023) Fotomatón terrorífico na celebración do Samaín
30/10/22: (2022-2023) Celebramos o Samaín participando nuns obradoiros terroríficos
21/10/22: (2022-2023) Curtametraxes de medo para o obradoiro de Samaín
26/02/22: (2021-2022) Celebramos un entroido “De cómic"
23/02/22: (2021-2022) O porcoespín Serafín manda...
29/10/21: (2021-2022) Celebramos o Samaín participando en obradoiros e cunha exposición de cabazas terroríficas.
29/10/21: (2021-2022) Bailes terroríficos na celebración do Samaín [VÍDEOS]
29/10/21: (2021-2022) Xa podes ver as imaxes terroríficas, que tomástedes no obradoido de Fotomatón do Samaín
29/10/21: (2021-2022) Exposición de cabazas. Samaín 2021 [VÍDEO]
19/05/21: (2020-2021) Homenaxeamos a Xela Arias no Día das Letras Galegas.
10/02/21: (2020-2021) Instrucións de Serafín o porcoespín para a semana do Entroido.
31/10/20: (2020-2021) Bailes do Samaín 2020 [vídeo]
30/10/20: (2020-2021) Xa podes ver as fotografías do fotomatón do Samaín. Podes atopar a túa foto?
06/12/19: (2019-2020) Magosto 2019
30/10/19: (2019-2020) Xa dispoñibles as fotografías do Fotomatón dos obradoiros do Samaín. A ver se te atopas
16/05/19: (2018-2019) Descubrindo a Antón Fraguas polo Día das Letras Galegas
31/03/19: (2018-2019) Xa dispoñible o material do Seminario Galán sobre Antonio Fraguas (Letras galegas 2019)
27/03/19: (2018-2019) Participamos nas actividades do Salón do libro 2019
21/02/20: (2018-2019) ECO-REVOLUCIÓN: Creamos o noso traballo para o Salón do Libro 2019. Con vídeos e realidade aumentada
21/02/20: (2018-2019) Desfile e festa do Entroido 2019: “Animais en perigo de extinción"
27/02/19: (2018-2019) O porcoespín Serafín manda que traiamos posto....
23/12/18: (2018-2019) Celebramos o Nadal actuando no Festival e coa visita do Apalpador xunto da Apalpadora
01/12/18: (2018-201) Dispoñible a bibliografía sobre a “Revolución”: o tema do Salón do Libro 2019
21/02/20: (2018-2019) Celebramos o Samaín cuns obradoiros e un concurso-exposición de cabazas
03/11/18: (2018-201) FOTOMATÓN DO SAMAÍN: Podes atopar a túa foto terrorífica?
01/11/18: (2018-2019) Horario dos obradoiros e curtametraxes do Samaín 2018
31/10/18: (2018-2019) Celebramos o Magosto!!!
08/03/20: (2017-2018) Xa podes ver a nosa película: "3,2,1...Rodando libros", presentada esta tarde para as familias
06/06/18: (2017-2018) Descubrindo a María Victoria Moreno para celebrar as Letras galegas
21/02/20: (2017-2018) Participamos nas actividades do Salón do Libro 2018
29/03/18: (2017-2018) Información e material sobre María Victoria Moreno Márquez (Letras galegas 2018)
24/03/18: (2017-2018) "3,2,1... Rodando mulleres de conto". O noso traballo para o Salón do libro xa está listo
11/03/18: (2017-2018) A NOSA ROSALIA
21/02/20: (2017-2018) UN ENTROIDO DE CINE
07/02/18: (2017-2018) “Dora manda que o XOVES traiamos posto..."
16/01/18: (2017-2018) Celebración e Festival de Nadal no colexio.
09/12/17: (2017-2018) Descubrimos a Petra nunha sesión de contacontos “Polo Camiño do vento"
18/11/17: (2017-2018) Celebrámo-lo Magosto cunha camiñada ata "San Antoniño de Penalva"
04/11/17: (2017-2018) Celebramos o Samaín participando nuns obradoiros “de medo" e cunha exposición de cabazas
29/10/17: (2017-2018) OBRADOIROS DO SAMAÍN: horario e curtamentraxes
30/10/20: SAMAÍN: Vídeos do obradoiro curtametraxes de medo
23/03/17: Salón do Libro de Pontevedra 2017
31/08/15: (2014-2015) Actividades realizadas polo E.D.L.G. durante o curso 2014-2015
28/04/15: (2014-2015) Información para a elaboración das coplas dos Maios
01/07/14: Xa dispoñible "on-line" o número 18 da revista escolar "O Cervo"
02/06/14: Celebración das Letras Galegas 2014
29/04/14: Día das Letras Galegas 2014
07/03/14: (2013-2014) ENTROIDO NO COLEXIO
05/03/14: (2013-2014) DÍA DE SAN VALENTÍN
08/02/14: (2013-2014) Celebración do Día da Paz no colexio.
25/01/14: (2013-2014) Día da Paz
23/01/14: (2013-2014) Despedimos o 2013 cun gran Festival de Nadal
04/11/13: MAGOSTOSAMAÍN
21/05/13: LETRAS GALEGAS 2013
14/05/13: ROBERTO VIDAL BOLAÑO. Material da Xunta
18/04/13: Xa podes descargar a plantilla para revista escolar "O Cervo"
07/05/13: Roberto Vidal Bolaño
18/02/13: SAN VALENTÍN
15/02/13: CELEBRACIÓN DO ENTROIDO
07/02/13: O MECO MANDA...
01/02/13: ACTIVIDADES PARA TRABALLAR O ENTROIDO
15/02/13: CANCIÓN -KARAOKE:"EU NON PEGO"
22/01/13: CELEBRACIÓN DO NADAL
15/11/12: SAMAÍN 2012
23/06/12: Dispoñible para ver online na súa integridade o número 16 da revista O Cervo
22/05/12: CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
04/05/12: Así se cantan os maios
10/04/12: Material para traballar a Valentín Paz Andrade nas aulas
13/03/12: VISITA Ó SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA
28/02/12: O ENTROIDO NO COLEXIO
14/02/12: SAN VALENTÍN
28/03/12: Valentín Paz Andrade
06/02/12: CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ
17/01/12: FESTIVAL DE NADAL 2011
14/11/11: O MAGOSTO
10/11/11: SAMAÍN
09/10/11: Dispoñibles tódolos números da revista escolar "O Cervo", para visualización online do seu contido íntegro
03/07/11: (2010-2011) Editamos o número 15 da revista escolar "O Cervo". Queres leela?
23/05/11: Celebración da festa dos maios no colexio.
04/05/12: Cantando os maios
16/03/11: Celebramos o entroido en Campo Lameiro
02/03/11: O MECO MANDA
18/02/11: Visita ó 12º Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra
04/02/11: O día 28 de xaneiro celebramos o día da paz no colexio.
25/04/11: Lois Pereiro Autor homenaxeado nas Letras Galegas 2011
22/01/11: FESTIVAL DE NADAL 2010
17/01/11: (2010-2011) O magosto 2010
22/10/10: Actividades LIM para traballar o magosto e o samaín
18/05/10: Festa das Letras Galegas 2010
04/05/10: Vídeo dun poema de Uxío Novoneyra
17/04/10: Uxio Novoneyra
15/04/10: O día das letras galegas 2010 está adicado a Uxío Novoneyra
29/10/09: Vídeos para a festa do Samaín
16/10/09: Celebra o teu aniversario... en galego
20/05/09: Conmemoración do Día das Letras Galegas 2009
06/05/09: Enlaces información e unidades didácticas sobre Ramón Piñeiro
03/06/09: plantilla da revista "O cervo"
22/04/09: Vídeo sobre Ramón Piñeiro: Letras galegas 2009
14/04/09: LETRAS GALEGAS 2009 "RAMÓN PIÑEIRO"
31/03/09: (2008/2009) O entroido en Campo Lameiro
16/07/19: Menú
(2024-2025) Samaín 2024 obradoiro: Conto de medo con efectos de son
Durante a celebración do Samaín, os nenos e nenas de 3º a 6º participaron nun obradoiro de efectos de son. Crearon conto "La caída de la casa Usher" de Edgar Alan Poe, cos seus respectivos efectos de son.
(2024-2025) Celebramos o Samaín e o Magosto no SAMAGOSTO.
O 30 de outubro de 2024 tivo lugar no colexio o SAMAGOSTO, unha celebración conxunta da festa do Samaín e do Magosto.
A primeira parte de xornada estivo adicada ao Samaín, cunha chea de obradoiros:
Contos de medo na biblioteca (Infantil 1º e 2º):
Obradoiro de máscaras terroríficas (Infantil 1º e 2º):
Grabación dun conto de medo con efectos de son terroríficos (3º, 4º, 5º e 6º):
Fotomatón terrorífico no croma verde:
Podes ver tódalas fotografías tomadas no fotomaton terrorífico no seguinte álbum.
Tamén votamos polas nosas cabazas favoritas. Podes velas todas no seguinte vídeo:
Despois do recreo chegou o momento da entrega dos premios ás cabazas mais votadas.
Eliximos democráticamente unha gañadora por nivel, segundo os votos que deixamos todos e todas.
Todo o mundo levou un diploma de agradecemento pola participación para todos e todas.
Chegou despois o momento da celebración do Magosto, con xogos populares no patio. Xa coa participación das familias.
Interpretamos una canción sobre o Samaín, creada por Susa Herrera, que nos acompañou nesta xornada de celebración.
E degustamos as castañas asadas, como remate de festa.
Podes ver tódalas imaxes da celebración do SAMAGOSTO 2024 no colexio, no seguinte álbum da galería fotográfica:
Podes ver como traballarono SAMAGOSTO en Educación Infantil na seguinte entrada.
(2023-2024) ENTROIDO 2024: Serafín manda traer posto.
Ao longo desta semana de Entroido o Porcoespín Serafín manda que traiamos posto....
Revisa esta páxina, cada día a partir das 14:00 horas, para ver o día anterior, que escolle cada grupo.
LUNS
(escollido por 5º-6º)
MARTES
(escollido por 3º-4º)
MÉRCORES
(escollido por 1º-2º)
XOVES
(escollido por Educación Infantil)
VENRES:
Desfile do Entroido polas rúas do Concello (ou no pavillón se chove) a partir das 12:00 seguido de degustación de postres típicos do Entroido, aportados polas familias.
(2023-2024) Polo Samaín, participamos nuns obradoiros de terroríficos
Para celebrar o Samaín o 31 de outubro de 2023, voltamos a desfrutar "por todo o grande" dos nosos obradoiros terroríficos.
OBRADOIRO DE COCIÑA "TERRORÍFICA":
O profe Paulo tiña preparados uns "platos" terroríficos, no obradoiro de cociña do Samaín. Despois de ser creativos nas nosas creacións, puidemos comelos durante a hora da merenda.
OBRADOIRO NUN FOTOMATÓN "QUE METE MEDO":
Posando diante dun "chroma verde", escollemos diferentes fondos na tablet, para participar no "fotomatón terrorífico".
Podes ver tódalas fotografías tomadas neste obradoiro na seguinte entrada:
(2023-2024) Fotomatón terrorífico na celebración do Samaín
OBRADOIRO DE MANUALIDADES "TERRORÍFICAS":
A profe Marta e Zaira encargáronse de organizar un fantástico obradoiro de manualidades, onde creamos monstruos, momias e outra "fauna terrorífica".
OBRADOIRO DE CURTAMETRAXES E CONTOS "DE MEDO":
Na Biblioteca, e nas aulas, participamos nunha sesión de visionado de "curtametraxes terroríficos", aínda que en realidade non daban tanto medo.
EXPOSICIÓN DE CABAZAS TERRORÍFICAS:
Cada quen trouxo da súa casa unha cabaza "terrorífica", para montar entre todos e todas unha gran exposición.
Cada compañeiro e compañeira votou pola súa favorita para decidir, entre todos e todas, cales eran as gañadoras de forma democrática.
Así de fantástica quedou a nosa exposición de cabazas, podes vela no seguinte vídeo.
Entregáronse premios aos creadores das cabazas máis votadas, xunto con diplomas ás "máis orixinais".
MOITO MÁIS POR VER...
Lembra que podes ver tódalas imaxes da nosa participación nos diferentes obradoiros do Samaín, da exposición de cabazas así como da entrega de premios e diplomas, no seguinte álbum da galería fotográfica.
(2023-2024) ÁLBUM FOTOGRÁFICO: Obradoiros do Samaín 2023
(2023-2024) Fotomatón terrorífico na celebración do Samaín
Estas son as fotografías que tomamos durante a nosa participación no obradoiro do "fotomatón terrorífico".
Fai click nas seguintes imaxes para ver o álbum do "fotomatón", en cada un dos cursos.
Educación Infantil 1 e Infantil 2:
1º e 2º de primaria:
3º e 4º de primaria:
5º e 6º de primaria: (Con vídeos)
Lembra que podes ver todo o que fixemos nos diferentes obradoiros, e como celebramos o Samaín no colexio, na seguinte entrada:
(2023-2024) Polo Samaín, participamos nuns obradoiros de medo
2022-2023 LECTURAS NA CARBALLEIRA
Un ano máis celebramos o noso certame de LECTURAS NA CARBALLEIRA. Unha xuntanza donde alumnado, profesorado, familias e persoas invitadas interactuamos para festexar as NOSAS LETRAS GALEGAS.
Rendimos homenaxe este día a Francisco Fernández Del Riego cunha canción interpretada polo alumnado de 3º e 4º...
Os rapaces e rapazas de infantil tamén aportaron o seu gran de area cunha liña do tempo de autores homenaxeados...
E, tamén entregamos un premio ao gañador do concurso de carteis: Xosé Luis Moldes Domínguez...NORABOA!!!!
E, noraboa a todos/as os que participastes no concurso porque non foi doado elexir o gañador...Aquí recollemos todos os carteis que participaron.
Pero houbo moitas cousas máis ese día...por exemplo, unha morea de libros que agasallamos a quen quixera levar algo de literatura para as súas casas...
E, xa para rematar, este ano tivemos como persoa invitada a unha contacontos fantástica: ALBA GRANDE, que nos deleitou coa súa pandereta e coas súas historias...
Moitas grazas a todos/as os que quixéstedes pasar un anaco agradable con nós!!!!!!
VÉMONOS O PRÓXIMO CURSO!!!! Con máis novedades, autores, libros, contacontos....
(2022-2023) Libros en cada recuncho do cole
Por fin chegou a semana do libro! Xa sabedes que no noso cole somos moi de ler, por iso o noso obxectivo esta semana era claro: Quixemos encher o colexio de contos ata a última esquina!
Esta tarefa comezou o luns, có alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria acudindo ao Salón do Libro. Como xa sabedes as persoas que visitades habitualmente esta páxina, participamos cos nosos propios contos e estivemos moi implicados en todo o relacionado con este evento. Se queredes saber máis sobre esta visita, podedes velo aquí.
O martes, o alumnado de 1º e 2º coa axuda das profes Marta e Zaira, grabaron un audioconto que moi pronto teremos dispoñible e que compartiremos aquí na páxina do cole.
O mércores, os libros fixeron unha viaxe ao patio da escola. En diferentes puntos do mesmo, habilitáronse espazos lectores, onde todos os nenos e nenas pasaron para revisar os novos libros da nosa biblioteca, pero tamén para disfrutar dun momento de calma cun libro na man.
Sen duda imos a ter que repetilo pronto, porque a todos pareceu encantarlles a nosa bibliopatio!
Pero as sorpresas non remataron aquí, cando estivemos de volta dentro do cole, agardaban dous contacontos moi especiais a mans dos propios mestres e mestras do cole.
Como podedes ver nas fotos, foi unha experiencia xenial tanto para os alumnos e alumnas, como para o profesorado. Todos e todas o pasamos xenial grazas a lectura!
E xa o xoves, chegou o momento dos apadriñamentos lectores... pero nesta ocasión demoslle un pequeno xiro. Esta vez, os "pequenos" do cole apadrinaron aos "maiores", pero nesta ocasión o sorteo foi algo distinto. Aproveitando o noso Memory xigante de emocións, temática a traballar este curso no noso proxecto de biblioteca, emparellamos as distintas emocións para saber quen apadriñaría a quen para esta actividade.
E así, con cada ovella coa sua parella, os máis pequenos arrancaron a ler para contar aos seus compañeiros e compañeiras algunhas das suas historias e contos favoritos.
Igual que no cole, animamos a todos e todas a que a semana do libro sexa unha realidade tamén nas casas, ensinando a nenos e nenas a disfrutar e divertirse coa lectura!
(2022-2023) Bicos, bicos e máis bicos!
CComo xa sabedes aqueles e quelas que visitades a páxina do colexio, na nosa escola non hai nada que nos guste máis que unha boa celebración. Así que xa imaxinaredes a que liamos para celebrar o Día Internacional do Bico.
Non só nos pareceu unha ocasión perfecta para repartir agarimo polo colexio, senón que ademais foi unha moi boa oportunidade para continuar traballando as emocións como parte do noso proxecto de biblioteca.
E explicados os previos, imos contarvos que argallamos. O primeiro que fixemos, foi pegar un cartel no corredor do colexio, anunciando que día era, e despois preparamos un cadro de cores que sería o lugar no que, quen quixera, podería darse un bico cos seus compañeiros e compañeiras.
E xa co espazo preparado, pensamos que sería divertido poñer unha cámara, e así gardar un recordo de canto nos queremos entre compañeiros e compañeiras. Aínda así, os bicos empezaron moito antes de que puxeramos a funcionar a cámara...
Ningún alumno e alumna librouse de recibir un bico... e o mesmo pasou cos profes. Tan pronto tivemos a algún deles cerca, conseguimso que se acercasen para chearlles a cara de centos de bicos.
Queredes ver cantos bicos repartimos polo colexio tanto os nenos e nenas de infantil como de primaria? Pois aquí tedesos videos onde podedes velo (e un video extra cos momentos máis divertidos que colleu a cámara).
(2022-2023) Camiño á escola
Como xa saberedes, o día 15 de abril conmemórase o Día da Infancia. Por iso, nun cole como o noso, pareceunos especialmente importante celebrar esta ocasión dando visibilidade a nenos e nenas con vidas moi distintas a nosa.
Para facelo, visualizamos un fragmento da película "Camiño a escola", onde amósase como un dereito que consideramos tan fundamental como a educación, noutros países e unha auténtica odisea no simple feito de chegar a escola. A través da visualización deste filme, buscamos que os nenos e nenas entenderan que para outros nenos e nenas ir a escola non é unha obriga, senón que é un privilexio.
De forma complementaria ao visionado da película, en cada aula levouse a cabo un debate no que, non solo falamos do que vimos, senón que tamén reflexionamos sobre o seu significado. Pero sobre todo, nos dimos conta da sorte que temos de ter todas as facilidades do mundo para acceder a educación.