Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

cuarto

(2022-2023) Así traballamos con robots educativos ao longo do curso

Ao longo deste curso, na área de Robótica e mellora da CD, traballamos con diferentes robots educativos, superando varios retos que se foron plantexando.

   

Traballamos tamén co Lego wedo, co que construímos os nosos coches que podían moverse coa programación que creamos para cada un deles.

Tamén comezamos a descubrir como funcioanban os "M-bot",  e como poder programalos para que percorreran un circuito marcado no chan.

     

Traballando en equipo, e facendo diferentes probas que ratificasen ou modificasen as nosas hipóteses, demos superado os diferentes retos.

   

  

PECHANDO O PROXECTO KANDINSKY (2014-2015)

Bueno, bueno, bueno....así de contentos estamos tras ter rematado o noso proxecto sobre Kandinsky que nos aportou unha chea de aprendizaxes do mais interesante: Coñecementos matemáticos dada a vinculación coa xeometría, históricos, linguísticos, artísticos e musicais etc.

Aquí estamos no día de culminación do proxecto, onde recollemos no noso panel todo o que aprendemos, as respostas ás nosas preguntas previas, e, de este xeito avaliamonos individual e colectivamente. A través de Kandinsky accedemos de un xeito moi ameno á medición e á xeometría, pero tamén as cores e ó seu significado, á investigación sobre a vida e obra de unha persoa, á composición da súa liña da vida, e todo isto reflíctese na fantástica galería que temos montada no corredor de arriba, en colaboración co grupo de 2º e 3 curso. 

Aquí está, o resultado tras ter traballado intensamente na recreación de cadros do autor, como se puido ver en entradas anteriores: experimentamos coa cor, tomamos medidas para os marcos, deseñamos o panel de presentación etc.

Aquí tede tamén algunha mostra de dossieres/panel de aspectos que investigamos por equipos cooperativos da vida do autor. Centrámonos en aspectos como foi o estudo da cor, as viaxes que estiveron presentes na súa vida, o estudo de elementos gráficos e xeométricos, e sacamos adiante unha información cohesionada e moi práctica. Agora se vamos a algún museo onde esté un cadro de Kandinsky...case nos atrevemos a dar unha charla sobre el, jejejeeeeee....

 

Tamén vos poñemos fotos de un problemiña que Kandinsky nos fixo chegar á aula: Resulta que estaba interesado en saber canto medía a finca da escola. Aquí vos deixamos fotos.

Bueno, aquí no despedimos, sin antes invitarvos a pasar por a nosa aula, e tamén pola sala de usos múltiples que quedou fantástica despois de ser pintada por todos e todas( mestres, alumnos e familias) e que, nos fai moita ilusión que vexades xa que nela tamén incluímos pinceladas do noso autor traballado.

Feliz verán a todos e todas!!!

GALERIA KANDINSKYANA, PROBLEMAS KANDINSKYANOS (19/5/15)

En relación coa nosa TAREFA de este trimestre e que, ten como produto final a " pintada" da sala de usos múltiples todos en conxunto na escola, na aula de 4º curso seguimos a investigar sobre o noso autor elixido. Este é Kandinsky.

Ata o momento e tras o visionado de múltiples contidos dixitais e libros sobre o autor, aprendemos moitas cousas, que fomos recollendo no taboleiro do noso proxecto de investigación sobre o autor, e, a partir de aí decidimos seguir a investigar. Agora andamos traballando a liña da vida do autor, as cores máis empregadas, etc.

Aquí temos algúns pasiños de como imos avanzando, atopando en 1º lugar o noso taboleiro do proxecto, co itinerario que estamos a desenvolver:

Posteriormente, como unha das nosas actividades é levar a cabo unha " galería kandinskyana" pois nas clases de educación artística, estivemos pintando os nosos propios cadros, acompañados, da música favorita do noso artista...sentímonos un pouquiño como él. A ver se adiviñades a qué compositor escoitaba cando pintaba...non volo pensamos dicir...!!!!

Con esta actividade do proxecto, que poderedes ver na Unidade Didáctica Integrada, estamos a traballar a área de Educación Artística, e a Matemática, así como varias competencias clave, por canto temos que traballar con medidas, organizar espazos, discernir parte e todo, elementos xeométricos na obra do noso autor, etc.

Esta dando moito que facer....Rindo

Aquí vemos a Diego Reboredo medindo....

Lorena facendo unha análise detallada do espazo e dos seus elementos...

Carolina, medindo...e trazando...

O mesmiño que Pablo e Sofía...

E desfrutando de unha sesión de traballo moi relaxada, e dando pequenos pasos para esa galería final coas nosas obras tendo como estímulo a música clásica...

Por outra banda, dicir que, o propio Kandinsky nos está a propor pequenos problemas e retos matemáticos, como o seguinte que vedes aquí:

Onde nos plantexa, a través da súa obra, dar resposta a distintas cuestións xeométricas, para, finalmente, deseñar con elementos xeométricos as nosas propias produccións. Os resultados foron moi diversos....

Cadaquén foi creando segundos as directrices da actividade proposta:

E

 E agora, fai uns días ocorréuselle a este noso artista que nos manda cartas con exercicios anónimos, que, midamos a finca onde se ubica a escola....uuuuu....menuda camisa de 14 varas...aínda que xa imos ben encamiñados....

Imos á aula Tic, a investigar de novo!!!

Ata pronto!!!

 

KANDINSKY E A XEOMETRIA

Hola:

Estamos comenzando a traballar a xeometría a través da arte dun xenio como é Kandinsky, dentro do proxecto de arte que levamos a cabo na escola.Aquí vos deixamos un interesante vídeo sobre conceptos xeométricos, como é a liña, o punto, o volume, o plano etc.

 

https://www.youtube.com/watch?v=-U-JpfxH

 

 

 

 

 

TAREFA " OS ECOSISTEMAS"

Hola a todos/as:

Como estamos inmersos no traballo por TAREFAS e temos que investigar e afondar moito presentámosvos un traballo feito polo alumnado de 4º curso, onde titora e especialista en PT aunamos esforzos para traballar contidos e procesos a desenvolver co alumnado vinculado coas competencias clave e á vez, conseguir dar unha resposta á diversidade presente na aula.

Probamos a deseñar esta TAREFA sobre os ECOSISTEMAS, con un producto final de relevancia, que foi a EXPOSICIÓN ORAL do traballo feito polo alumnado e, que, temos que dicir que nos cundiu a reo. Traballamos en equipo, aprendemos xuntos, investigamos, debatimos, decidimos e o resultado final concluímos que foi moi bo,  polo que continuaremos nesta liña.

Os puntos fortes deste traballo e que consideremos interesanta destacar son: a busca e tratamento da información, a integración da totalidade do alumnado na tarefa, e, a importancia que tivo a exposición oral para o alumnado. De aí avaliamos e sacamos conclusións moi válidas para a nosa práctica educativa.

Deixámosvos o" mapa da tarefa" coas actividades e exercicios feitos así como algunhas imaxes ó respecto.

 

ACTIVIDADE 1:

Investigamos termos relativos ós ecosistemas



ACTIVIDADE 2

CREAMOS A EXPOSICIÓN SOBRE O NOSO ECOSISTEMA PARTICULAR

ACTIVIDADE 3

SESIÓN DE EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Exercicio 1:

Debate sobre termos dos ecosistemas.

Técnica empregada:

Mesa redonda”

Exercicio 2:

Busca de definicións sobre os ecosistemas.

Técnica empregada:

Lápis ó centro”, “ Folio xiratorio”, “ Parada de tres minutos”

Exercicio 3: Elaboración de esquema para estudio sobre os ecosistemas.

Mapa conceptual a 4 bandas”

 

Exercicio 1:

Visionado de vídeos sobre ecosistemas e resposta a preguntas de comprensión sobre os mesmos.

Técnica empregada:

O apadriñamento de preguntas”.

Exercicio 2:

Selección do ecosistema sobre o que traballar.

Exercicio 3:

Busca de información

Exercicicio 4:

Organización da inforamación en base a mapas conceptuais.

 

Exercicio 1:

Selección de datas para a exposición de equipos. Organización de agrupamentos e orde de actuación.

Exercicio 2:

Elaboración de paneis visuais coa información.

Exercicio 3:

Organización da exposición por equipos para a exposición.

(2013/2014) Aprendemos a facer unha solicitude

As nenas e nenos de 4º, aproveitamos a clase de lingua castelá para aprender a facer unha solicitude.

Explicamos o significado da palabra "solicitude" e, posteriormente aclaramos dúbidas como: que é unha solicitude?, para que serve?, como se redacta? ou a quen vai dirixida?...

Unha vez solucionadas todas estas cuestións, comezamos o noso traballo e, xa que estamos a traballar cos grupos cooperativos, imos facelo en equipo!

Para comezar, cada un dos grupos ten que buscar un sinónimo da palabra "solicitude". Para elo utilizamos diversas fontes: a rede, os dicionarios...

Xa por fin conseguimos os nosos sinónimos!

Bueno, pois agora chegou o momento de empezar a redactar as nosas solicitudes. O primeiro que temos que facer e decidir, cada un dos grupos, que é o que imos demandar. Para elo pensamos nun problema real do noso centro para requerirlle ao noso director que lle busque solución.

Agora xa sabemos o que queremos pedir, con que fin e a quen vai dirixida a nosa solicitude: ao director!!

O grupo dos "Gladiadores" pensamos nas canastas do patio, non están ben suxeitas e son perigosas...

O grupo dos "Linces galegos" decidimos solicitar que arreglen  o tellado do pabillón, cando chove mete auga...

"Os vencedores" pedimos unha cuberta na entrada do cole, cando chove poñémonos a pingar...

E... como non! o grupo dos "Animais" como amantes dos mesmos, acordámonos dos animais... eses cans que nos visitan as veces á hora do recreo e que morren por entrar a saudarnos...

Vale, pois unha vez redactados os nosos requerimentos, chegou o momento de expoñelos ante o director.

Recibiunos no seu despacho e escoitounos con agrado e atención!

Tras manter unha interesante conversa con nós, despediunos prometendo que ía ter moi en conta as nosas demandas e que, pronto teriamos noticias ao respecto.

Chegamos á clase emocionados e contámoslle á profe a nosa experiencia, fantástica!

E... uns días máis tarde, para a nosa sorpresa....

Recibimos unha visita na aula: o director xunto con dous operarios do concello diríxense a nós para concretar detalles e, explicarnos que ían poñerse mans á obra  para empezar a solucionar aquelas cuestións que nos inquietaban.

NON PODIAMOS CRELO, ESTABAMOS SENDO ESCOITADOS DE VERDADE!! Sorprendido  Sorprendido  Sorprendido

Foi fantástico!

Sentímonos realmente IMPORTANTES!!  Chulo

María Sabarís

(2013/2014) Coñecemos a Edvard Munch: "O grito"

As alumnas e alumnos de 4º, dedicamos unhas clases de plástica a Edvard Munch e ao seu cadro máis coñecido: "O grito".                                     

 

Tras observar esta interesante
pintura e, comentala durante
un bo ratiño, tratamos de
"poñernos na pel" do propio
Munch e así, de entender o
porqué do seu desesperado
berrido.
Cada un de nós expresou  a causa do seu posible grito.
Algúns puxémonos realmente tráxicos, parecíanos un grito mooooooi angustioso.....
Outros, gritaríamos por causas menos dramáticas pero, non menos terroríficas (pensamos nós)....
A continuación, dispuxémonos a elaborar os nosos propios cadros tratando de imitar a Munch.
E así van quedando as nosas obras de arte...
E por fin,  rematamos os nosos "Gritos", terroríficos, impactantes, sorpresivos, enxordecedores e, despois de todo, bastantes coloridos... Non quedaron nada  mal!!!
 
María Sabarís

(2013/2014) APRENDEMOS A COOPERAR / COOPERAMOS APRENDENDO

APRENDIZAXE COOPERATIVA

Unha escola inclusiva representa o medio máis eficaz para combater as ideas discriminatorias, para crear comunidades que acollan abertamente a todo o mundo. A través dela lógrase unha educación integral para todos. Pois ben, a educación inclusiva e a aprendizaxe cooperativa son dous conceptos altamente relacionados: implementando a aprendizaxe cooperativa na aula, conseguimos atender xuntos nunha mesma aula a alumnos distintos. Todos os alumnos son diferentes, diferentes en capacidade, interés, motivación, orixe social... Nunha clase organizada cooperativamente, na que todos colaboran e cooperan; axúdanse para alcanzar o obxectivo común de progresar na aprendizaxe, cada un ata o máximo das súas posibilidades.

Tendo, ademais, en conta  que o curriculum está estructurado entorno ás competencias básicas, podemos afirmar que, algunas delas (competencias comunicativas, competencias sociais...) requiren necesariamente da estrutura cooperativa da actividade na aula. A interacción entre os participantes, e dicir, a relación entre iguais, é a maneira máis apta para favorecer o verdadeiro intercambio de ideas, e a discusión, isto é, todas as condutas capaces de educar a mente crítica, a obxectividade e a reflexión discursiva.

Ademáis do esforzó e o traballo individual, dase tamén una gran importancia ao traballo en equipo. Non se trata de substituir una cousa pola outra, senón de complementar ámbalas dúas.

Tomando como base a investigación que se está a desenvolver no departamento de Psicopedagoxía da Universidade de VIC sobre Aprendizaxe Cooperativa, actualmente estamos a implementar na aula prácticas baseadas este tipo de estrutura.

O primeiro paso é preparar ao grupo creando un clima favorable á cooperaciónn e, para elo poñemos en práctica algunas dinámicas:

"A silueta"

Os integrantes de cada grupo estiran un anaco de papel continuo no chan. Por turnos, os alumnos téndense sobre el, de modo que un compañeiro debuxa a silueta.

 

A algún costoulle un pouco permanecer quieto...

 

Mentres uns repasaban a silueta dos compañeiros, outros ían recortándoa. Traballaron gozando deste intre.

As siluetas son colgadas posteriormente na parede da aula. Todos teñen que escribir algo bonito ou divertido sobre cada una das siluetas dos seus compañeiros.

 

Escribían sobre as siluetas dos compañeiros e, inmediatamente despois, corrían a ver as novas anotacións que había sobre as súas propias. Como todas as mensaxes eran positivas, estaban ansiosos por lelas.

"Blanco e diana"

Trátase de que os nenos expresen como son: as súas aficións, virtudes, defectos... e, poidan así coñecerse mellor.

Utilizamos folios de cores, de tamaño A3 cunha diana debuxada no centro e, comezamos a actividade.

Traballaron con atención e entusiasmo, desexando que a diana chegase a eles!

Aquí temos una das dianas elaboradas por un dos grupos. Incluso se animaron a decorala!

Unha vez rematada a actividade fixemos una posta en común para, finalmente expoñer as dianas no taboleiro.

Estas son as nosas dianas. Non lle falta detalle!

"As páxinas amarelas"

Consiste en elaborar unhas "páxinas amarelas" da clase, onde cada un pon un anuncio sobre algo que pode ensinar aos seus compañeiros: contidos, procedementos,estratexias, xogos, cancións, actividades deportivas...
Con estes pequenos anuncios confeccionamos una Guía de Servizos da clase. De cando en vez destinaremos una sesión para que eles poidan poñer en práctica, e pidan a algún compañeiro, algún dos servizos que se ofrecen na guía.
Traballamos na biblioteca, neste ambiente tan acolledor, estamos moi a gusto!
Así van quedando os nosos anuncios!
Aquí temos as nosas "Páxinas amarelas".
"Lapis ao centro"
Esta dinámica foi posta en práctica durante una clase de matemáticas. Funcionou moi ben como estratexia a desenvolver na resolución de problemas, aspecto no que, una parte importante do alumnado, soe presentar dificultades.
Como o nome indica, os lapis van ao centro da mesa mentres, todos e cada un dos compoñentes  do grupo opinan, aportando ideas sobre a posible resposta, primeiro individualmente e, despois en grupo, decidindo entre todos cal é a mellor solución. Deste xeito, o alumnado reflexiona sobre a actividade que se lle presenta. Debe comprender o que se lle pide e, seguidamente, tratar de atopar una solución axeitada.
Entre todos deberán acordar una única solución válida.
...e seguimos traballando en grupo, cooperando para aprender e, aprendendo a cooperar.

María Sabarís

(2012-2013) IINICIAMOS MAIO...".POEMANDO" ( 3/5/2103)


Comezou maio....canto traballo nos queda por facer!!! pero....facemos unha paréntese para adicarlle un pouquiño a ese alguén tan especial nas nosas vidas.
As nosas nais!!!! 
Pero....que fai esta mesa tooooodaaaaa desorganizada,e chea de papeis????Avergoñado 
Pois, é a nosa fonte de inspiración...ten todo o que precisamos para facer POESÍA ás nosas nais, que a merecen.....pois claro, quén millor senon....
Partindo dun poema de Quevedo, reinterpretamos e reescribimos unha pequena oda ás nosas nais.
E, claro....a unha mamá hai que poñerlle todo bonitísimo tal e como fan elas as cousas no seu día a día....que se emplean a fondo para facernos a vida máis sinxela e coas súas palabras mornas, nos axudan a ver as cousas positivas da vida.
E, empleando o coñecemento das nosas técnicas artísticas....aí vos deixamos algúns exemplos de como nos foi quedando o traballo adicado ás nosas mamás, despois dunha ardua mañá  de traballo.
 
 
Que traballamos.....? Pois, competencia linguística, cultural e artística, social e cidadá, e moita moita educación emocional e creatividade.
 
Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.