Documentos
Documentos e formularios
07/11/23: Autorización unificada para o uso da imaxe e datos do alumnado en internet e outros servizos
27/08/16: Solicitude de permisos e licencias para o profesorado
26/06/10: Cuestionario sobre a lingua materna para as familias do alumnado de 3 anos
01/03/21: Instruccións e formularios de matrícula para o alumnado novo.
16/07/19: Documentos e formularios
Modelo para xustificar as faltas de asistencia do alumnado
Descarga de seguido o modelo para xustificar as faltas de asistencia do alumnado:
Autorización unificada para o uso da imaxe e datos do alumnado en internet e outros servizos
Tódolos alumnos e alumnas que figuran nesta web, así como noutros servizos online, para uso exclusivo e educativo do profesorado, contan cunha autorización por escrita asinada polos seus pais/titores.
Pode eliminarse esta autorización, para calquera dos servizos autorizados, en calquera momento, comunicándoo por escrito á Dirección do centro.
Podes atopar máis información sobre a protección de datos do alumnado de centros educativos galegos en www.educonvives.gal.
Podes descargar os modelo de autorización unficado de seguido:
Solicitude de permisos e licencias para o profesorado
Descarga o - ANEXO V - para a solicitude e/ou xustificación de ausencias do profesorado (permisos e licencias) que se presentan ante a dirección do centro.
Ademais, de seguido, poderás descargar os seguintes Anexos para as diferentes solicitudes de permisos:
- Anexo 1: Solicitude para a asistencia a actividades de formación organizadas pola Consellería de Educación e O.U.
- Anexo 2: Solicitude para a sistencia a actividades de formación organizadas polas universidades, sindicatos e outras organizacións.
- Anexo 3: Autorización para a asistencia actividades de formación organizadas pola Consellería de Educación e O.U.
- Anexo 4: Solicitude de permisos e licencias para presentar ante o Xefe territorial.
- Anexo 5: Solicitude de permisos e licencias para presentar ante a direción do centro.
Os permisos e licencias do profesorado regúlanse pola orde do 5 de abril de 2008 (correxida na orde do 7 de abril de 2008). Ámbolos dous documentos pódelos descargar en formato pdf, no apartado lexislación desta web, ou directamente desde aquí.
Cuestionario sobre a lingua materna para as familias do alumnado de 3 anos
Segundo o indicado no decreo 79/2010 para o plurilingüismo no ensino non universitario, o profesorado empregará na aula a lingua materna predominante entre o alumnado, a cal virá determianda pola Administración Educativa, tendo en consideración unha pregunta que se lles fará antes de comezar o cuso escolar.
Atendendo ás instruccións da Consellería de Educación e O.U., as familias do alumnado que comezará no primeiro nivel do segundo ciclo de Ed. Infantil (3 anos) responderán antes do comenzo do curso, e entregarán na secretaría do centro, a unha pregunta que se inclúe nun anexo remitido ós centros e que pode descargarse de seguido.
Terá a consideración da lingua materna predominante (artigo 5º decreto 79/2010) aquela que obteña o resultado maioritario entre as familias, sen perxuizo da lingua do contorno e da necesaria atención individualizada a cada alumno na súa lingua materna. Esta lingua materna predominante manterase ó longo de todo o ciclo para dito grupo, e será de aplicación para o alumnado que se incorpore con 4 ou 5 anos ó mesmo con posterioridade.
Descarga o cuestionario sobre a lingua materna:
Instruccións e formularios de matrícula para o alumnado novo.
SOLICITUDE DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2021-2022
- Información e impresos para a reserva de praza: Alumnado que ten que reservar praza no IES adscrito (DO 11 DE XANEIRO Ó 8 DE FEBREIRO DE 2021)
- Información, solicitude telemática ou descarga de impresos para a solicitude de admisión: Alumnado que se incoropora por primeira vez ó centro (alumnado que comeza en infantil). (DO 1 ó 20 de marzo de 2021)
- Información e impresos sobre o proceso de matrícula: Proceso que ten que facer o alumnado que fixo a solicitude admisión e foi admitido (xuño).