Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Proxectos de Vida Activa e Deportiva (PVAD)

(2023-2024) Fomentamos a alimentación e a correcta hidratación tras o deporte

O pasado martes 31 de xaneiro celebramos a II carreira solidaria polo día da Paz. Ademais de contribuír a unha boa causa e promocionar a práctica deportiva non competitiva, aproveitamos para fomentar a alimentación e hidratación tras a práctica deportiva. Dende o centro puxemos á disposición de tódolos/as participantes auga e e plánatos, para repoñer forzas depois da carreira de obstáculos. 

Somos unha auténtica NUTRIESCOLA!!!

(2023-2024) Plans de vida activa e deportiva (PVAD) II Carreira solidaria-Día da Paz

Xa como unha tradición, este ano volvemos a organzar e a participar na "II carreira solidaria" para conmemorar o día da Paz, contando ca presencia e colaboración dos membros da comunidade educativa.

Nesta ocasión acordamos recoller roupa e material escolar, que logo entregaríamos á "Asociación Boa Vida" de Pontevedra, para darlle un segundo uso e lla fagan chegar a aqueles nenos e nenas que a precisen.

Os alumnos/as de infantil crearon unha pancarta para "encabezar" a marcha ata o campo de fútbol.

 

   

Cando chegou o día da Paz, o 30 de xuño, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio comezamos a marcha cara o campo de fútbol. Acompañáronnos as nosas familias, que particpiarían tamén na carreira.

E chegou o momento, todos estabamos listos para participar na carreira...

   

... que nesta ocasión tiña tamén obstáculos que había que salvar.

Rematada a carreira, tocaba repoñer folgos de forma saudable cun plátano e unha botella de auga, contribuíndo tamén a cumprir cos obxectivos do noso proxecto Nutriescolas (alimentación saudable)

Como despedida, e despois de recibir a chapa conmemorativa, unha foto de grupo para o recordo. 

E por suposto, un foto todos xuntos, incluídas ás nosas familias.

Grazas a todos e a todas por participar, e formar parte desta "II marcha solidaria pola Paz".

Deixamos algunhas fotos máis:

(2023-2024) Investigamos sobre as lesións deportivas

Este trimestre estivemos a investigar un pouco sobre as lesións que poden ocorrer durante a práctica deportiva. Dentro das múltiples lesións existentes, escollemos as máis habituais e as que máis lles soaban. Despois de facer o reparto, puxémonos a investigar individualmente ou por parellas. Debían buscar información sobre o tipo de lesión, os síntomas, as causas e os posibles coidados e prevención. Xa co traballo feito, tocaba expoñérllelo aos nosos compañeiros/as.

Primeiro foron os ESGUINCES

Turno para os CALAMBRES MUSCULARES

Úrsula e Lucía faláronnos dos TRAUMATISMOS

Brais é todo un experto en ROTURAS FIBRILARES

Se tendes algún CORTE ou FERIDA, Lara pode axudarvos

Alicia e Nico explicaron moi ben que son as DISTENSIÓNS MUSCULARES

Velaí o resultado final dos expertos en lesións deportivas

(2023-2024) Campo a través 2023

O pasado mércores 22 de novembro, asistimos ao Cross escolar organizado pola Asociación Deportiva Terra de Montes. Nela participaron centos de nenos/as de diferentes centros da contorna (Campo Lameiro, Cerdedo, Soutelo, Tenorio, Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos, etc.); e como non, os alumnos/as do CEIP Pedro Antonio Cerviño non podías faltar a esta cita tan esperada. Correron os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º nas categorías mixtas de benxamín, alevín e infantil respectivamente. Despois de moito pospoñelo por mor da climatoloxía, quedounos unha bonita xornada na que disfrutamos da práctica deportiva e tamén da competición.

Antes de comezar tivemos que recoñecer o noso percorrido.

Primeiro fixemos un bo quencemento

Fixemos piña e charla motivacional antes de comezar

Turno para os de 3º e 4º!!!

E agora tócalles aos nenos e nenas de 5º e 6º!!

Pero tamén houbo tempo para repoñer forzas!!

Para o ano máis!!!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.