Convivencia, coeducación e igualdade de xénero
Menú do recanto
21/11/24: (2024-2025) Polo Día da Infancia compartimos mensaxes para ser felices
29/06/24: (2023-2024) Aprendemos sobre igualdade con "A perruca de Luca"
18/06/24: (2023-2024) Desmontamos estereotipos para arrancar o Mes do Orgullo!
26/04/24: (2023-2024) TODOS E TODAS CONTAMOS
20/03/24: (2023-2024) Revolucionarias, un proxecto co que poñemos en valor o 8M durante todo o curso
10/02/24: (2023-2024) Corremos pola paz e axudamos a dar unha "Boa Vida" a quen o necesita
01/02/24: (2023-2024) 30-1-2024 - O mellor guerreiro do mundo
25/01/24: (2023-2024) Educación, o noso dereito e o noso deber
18/01/24: (2023-2024) PROTOCOLO USO DE MÓBILES NOS CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA
18/01/24: (2023-2024) Calendario de Advento rupestre 2023
28/11/23: (2023-2024) Poesía por e para elas (25-N)
22/11/23: (2023-2024) Día Mundial da Infancia, aprendendo e reflexionando sobre os nosos dereitos
04/10/23: (2023-2024) Na nosa escola rexeitamos calquer tipo de violencia
11/09/23: (2023-2024) Comezamos o curso comprometéndonos a mellorar
10/05/23: (2022-2023) Fora o acoso, e dentro a positividade!
12/06/23: (2022-2023) Bicos, bicos e máis bicos!
24/04/23: (2022-2023) Estudamos, relaxámonos e aprendemos a xestionar as nosas emocións!
12/06/23: (2022-2023) Camiño á escola
12/06/23: (2022-2023) Traballamos a "Química emocional" coa nosa táboa periódica das emocións
12/06/23: (2022-2023) Un gran recital de poesía no colexio
12/06/23: (2022-2023) O 8M é violeta e verde
12/06/23: (2022-2023) San Valentín non so é para os namorados!
15/02/23: (2022-2023) Unha carreira pola paz
07/12/22: (2022-2023) Unha chea de bolboretas sobrevoan o cole polo 25N
16/11/22: (2022-2023) Soltamos os nosos medos coa axuda de Erizombie
10/03/22: 9-3-2022 (programa de radio) - O 8M contado por 1º e 2º
27/11/21: (2021-2022) 25N - Así creamos a nosa árbore para eliminar a violencia contra as mulleres - Vídeo (time-lapse)
25/11/20: (2020-2021) Pintamos un mural para celebrar o "Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres"
18/11/20: Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo
25/11/20: (2019-2020) Puerta violeta - Rozalén
13/06/19: (2018/2019) CURTAMERAXES para educar na igualdade
06/04/19: 2018-2019 - CHARLA SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO E ACOSO ESCOLAR
13/06/19: (2018/2019) Escola de Familias: Charla sobre violencia de xénero e acoso escolar
19/03/23: Menú do recanto
(2024-2025) Polo Día da Infancia compartimos mensaxes para ser felices
Como ben sabedes o día 20 de novembro conmemorase o Día da Infancia; e dende o cole non quixemos perder esta oportunidade para celebrar unha ocasión tan especial.
A escritora Paula Cores veu facernos unha visita para presentarnos o seu conto "Mensaxes para nenos e nenas felices" que xa tedes dispoñible na nosa biblioteca de familias para o seu préstamo. Este libro fala dun dos dereitos máis importantes e básicos na vida dos nenos e nenas: "Ser felices".
Foi unha xornada onde aprendemos e reflexionamos, e a continuación deixamos algunhas fotos para que poidades compartir con nós esta sesión tan especial.
(2023-2024) Aprendemos sobre igualdade con "A perruca de Luca"
Pechamos o curso e o noso proxecto "Revolucionarias", co contacontos de "A perruca de Luca".
As nosas compañeiras de Igualadas acudiron a nosa escola o último día de curso para lernos a historia de Luca. Non só desfrutamos da lectura do conto, senón que antes e despois puidemos facer un breve coloquio onde falamos sobre igualdade, e tamén sobre cal é o noso papel en facer sentir aceptados aos demais, sen distinticións.
Tamén debuxamos cal é o noso "superpoder" para facer sentir ben aos demáis, e compartimos en voz alta cal é. Pasou o tempo volando, e tivemos a ocasión de reflexionar sobre a importancia de como nos portamos con outras persoas. Desexando repetir outro obradoiro coas nosas amigas de "Igualadas"!
(2023-2024) Desmontamos estereotipos para arrancar o Mes do Orgullo!
Ola a todos e todas! Como ben di o título da entrada, seguimos formándonos en igualdade, nesta ocasión coa axuda de Gloria.
Moitos e moitas de vós recordaredes a Gloria polos obradoiros que o curso pasado fixo co noso alumnado sobre xestión emocional. Pois ben, esta vez a temos de volta para axudarnos a desmontar estereotipos e a entender que todos e todas temos dereito a expresar a nosa identidade de xénero de forma libre.
Foi moi práctico e didáctico, así que ademáis de aprender o pasamos xenial realizando dinámicas de grupo!
(2023-2024) TODOS E TODAS CONTAMOS
Os membros da Fundación IGUAL ARTE visitaron o noso centro para realizar uns obradoiros nos que, por medio da arte, pretenden informar da diversidade que existe na sociedade e así poder lograr a unidade e a igualdade humana.
Achegáronse con tres propostas adaptadas por idades. A primeira, un contacontos para os máis cativos. Nesta acasión convidamos ás Escolas Infantiles de Amil, San Lourenzo e Lamas do Concello de Moraña.
O alumnado de 2º, 3º e 4º participaron nunha sesión de circo
E, os de 5º e 6º nun taller de globoflexia...
Nada máis e nada menos... UN POLBO XIGANTE
Aos nosos anfitrións das escolas unitarias de Moraña convidámolos a un taller de chapas...tamén ás súas profes...
Grazas a Noelia, Susi e Olalla, profes das unitarias por compartir un anaquiño do voso tempo con nós.
Grazas tamén aos membros da Fundación IGUAL ARTE, por acercarnos un pouco máis á diversidade e darlle vivivilidade a persoas que, ás veces , son invisibles.
(2023-2024) Revolucionarias, un proxecto co que poñemos en valor o 8M durante todo o curso
No CEIP Plurilingüe Pedro Antonio Cerviño temos a firme convicción de que a igualdade non é un traballo dun día, nin tan sequera dun curso... é un traballo que debe estar presente na escola todos os días. E iso mesmo é o que quixemos plasmar co noso proxecto "Revolucionarias", que enmarcamos dentro das actividades de IGUALA-T, o CPInclúe que traballamos este curso na escola.
Para os que xa sodes habituais das nosas entradas no blog da escola, saberedes que estamos a crear un espazo de igualdade no centro onde contamos con infografías, contos, revistas, libros de consulta... e demáis material audiovisual sobre igualdade. Complementariamente, dende setembro estivemos a elaborar uns carteis informativos sobre mulleres "revolucionarias" que cambiaron a historia, e que compartiremos a final de curso, de xeito que poidamos amosar todos os avances que puidemos facer.
Pois ben, co 8M a volta da esquina, chegou o momento de poñer os nosos coñecementos a proba. O xeito de facelo, foi cambiando a dinámica habitual, e eses carteis que completamos co nome de mulleres revolucionarias, cambiou para convertirse nun traballo de investigación no que, toda a escola, tivo que investigar cales foron as aportacións de 44 mulleres revolucionarias na historia. Deste xeito, todos os compañeiros e compañeiras poderíamos aportar o noso graniño de area para o que se viña.
Unha vez tivemos a información, cada clase reuniuse para compartir o que descubriron sobre as mulleres que investigaron nas súas casas. De feito, nesta ocasión quixemos poñer o acento en aprender sobre as aportacións de mulleres racializadas, cuxas aportacións sufren todavía unha maior invisibilización.
Dende aquí, unha vez máis, queremos agradecer as familias a súa colaboración con esta actividade, axudando ao alumnado na búsqueda de información. Un acto tan simple como colaborar nestas actividades, amosa aos nenos e nenas a importancia da tarefa que tiñan entre mans. De feito, esa importancia reflexouse no momento en que o alumnado compartiu todo o que aprendeu.
Pero isto non é todo! Pois o alumnado de quinto e sexto, tiña unha tarefa directamente relacionada con isto. Eles e elas foron quen, coa axuda das nosas xeniais profes de PT e AL, Marta e Zaira, traballaron na radio para grabar toda a información recollida en audios que máis adiante tería unha utilidade, a pregunta... é cal e esa utilidade?
Chegamos así ao día 8 de marzo, onde en cada clase apareceron dous obxectos: unha folla chea de carteis violetas e unha tablet. Resulta que por todo o cole apareceron códigos QR que contiñan información moi importante... Podedes imaxinarvos cal era? Sí, eses audios grabados polo noso alumnado de 5º e 6º extendéronse por todo o cole para crear unha gran xincana na que todos os cursos competiron para ver quen podía atopar máis. Aprendemos sobre mulleres revolucionaria, traballamos a lectoescritura, colaboramos entre nós, pasamos un bo rato; e o que é máis importante, continuamos traballando a igualdade de xeito activo e práctico.
Unha vez recopilamos todos os QR, chegou o momento de poñer a guinda ao pastel. Visto o ben que funcionou a actividade entre o alumnado, parecíanos o máis normal abrir este coñecemento sobre mulleres revolcuionarias a toda a comunidade educativa. Por iso, elaboramos este mural tan chulo, onde co noso teléfono podemos escanear os QR cos audios do noso alumnado para correr a voz da importancia silenciada que as mulleres tiveron e siguen tendo na historia.
Pasamos un traballo enorme, pero tanto a temática como o resultado merecen a pena. Pero a nosa labor non remata aquí, de feito non rematará ata que vivamos nun mundo onde a igualdade sexa real, efectiva e accesible a todas as mulleres independentemente da súa etnia, relixión ou cultura.
(2023-2024) Corremos pola paz e axudamos a dar unha "Boa Vida" a quen o necesita
Por se xaneiro non fora un mes axetreado de por si, houbo unha actividade de obrigado cumprimento que desenvolvemos pola sua gran importancia, e tamén por canto a disfrutamos. Si, falamos da "II Carreira pola Paz" coa sua consecuente recollida de material para doar a unha asociación sen ánimo de lucro.
Durante duas semanas, todos os nenos e nenas da escola recopilaron roupa e material escolar para doar a "Asociación Boa Vida", que busca axudar as personas en perigo de exclusión social, co obxectivo de acabar a igualdade de oportunidades entre a población. Durante a recollida, o alumnado organizou a carreira, fixeron un inventario das doazóns, unha pancarta para a andaina polo concello... En definitiva, estiveron totalmente implicados en todo o que tuvimos que facer para que esta carreira fose posible.
Chegada a data de celebración do evento, a comunidade educativa ao completo reuniuse na escola para marchar en grupo hacia o campo de fútbol do concello, onde levariamos a cabo a carreira. Como xa e habitual, Campo Lameiro fixo gala da sua solidariedade, non só achegando múltiples doazóns, senón ademáis achegándose a escola para acompañarnos nun día tan especial.
A carreira, unha vez máis queda para o recordo como unha das actividades máis divertidas do curso. Este ano, grazas ao esforzo e traballo do alumnado de 5° e 6° e o noso profe de educación física, engadimos algúns obstáculos que puxeron as cousas un pouco máis complicadas para os nenos e nenas... E tamén aos profes e familias! Foi toda Unha experiencia ver aos país e mais do noso alumnado facer a "croqueta" polo chan e disfrutar tanto ou máis incluso que os seus fillos e fillas. Por suposto, ao rematar fixemos unhas fotos grupais para recordar este día, pero tamén para reforzar a idea de que cun evento como este, gañamos todos, pois a finalidades e colaborar cunha boa causa.
Unha vez rematada a carreira, os nosos amigos da "Asociación Boa Vida" acudiron a escola a recoller as doazóns. Así que, probablemente agora mesmo, hai moitaa familias agradecidas puidendo desfrutar do material escolar, roupa e demais obxectos recollidos durante esta actividade. Unha vez máis, queremos agradecer as familias que nos axudaron a facer esta iniciativa posible, sodes un exemplo de solidariedade, e dende o cole estamos encantados e encantadas de saber que sempre podemos contar con vós.
(2023-2024) 30-1-2024 - O mellor guerreiro do mundo
Polo Día da Paz o alumnado de 3º e 4º de primaria gravou na nosa radio o conto: "O mellor guerreiro do mundo".
Agardamos que vos guste!
(2023-2024) Educación, o noso dereito e o noso deber
Convivencia está de volta! Arrancamos o segundo trimestre cunha actividade que require moita puntería, concentración e reflexión; nada máis e nada menos que para celebrar un día tan importante como o Día da Educación. Como xa sabedes, a educación é un dereito, pero tamén é un deber da infancia. Polo que a premisa coa que traballamos foi... Cales son os deberes dos nenos e nenas?
Anteriormente, traballamos os dereitos da infancia, creando uns globos nos que manifestamos cales son os dereitos de todos os nenos e nenas. Por suposto, facendo especial fincapé no tema da igualdade e o respeto a diversidade. Pois ben, nesta ocasión, a aprendizaxe a realizar foi que os dereitos levan consigo certos deberes, e que estes están estreitamente relacionados. Así que... Que fixemos? "Reventar" os globos dos dereitos para ver que deberes van asociados aos mesmos.
Enchemos o corredor de globos, preparamos cestas de dardos e cada clase foi recollendo e reflexionando sobre os distintos deberes da infancia. Foi unha actividade que levou consigo un amplio proceso de reflexión sobre dereitos e deberes, pero no que ademáis traballamos as habilidades motrices, a puntería, o traballo en grupo... E o máis importante, o pasamos xenial participando nela.
Agora si, temos claro cales son os nosos dereitos e deberes e comprendemos o importante que é telos presentes. Seguinte paso? Loitar por unha sociedade na que se respeten e todos os nenos e nenas teñan acceso aos mesmos.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »