Ed. Infantil
Acceso rápido - Familias EI
Descarga de autorizacións para saídas:
Outros documentos de Educación Infantil:
Autorización unificada para o uso de fotografías e datos do alumnado na páxina web, en youtube e noutros servizos online para uso educativo e exclusivo do profesorado
Acceso ás publicación do departamento de Orientación do centro:
Receitas das tartas de cumpreanos
Cada mes os nenos e nenas que celebran o seu cumpreanos elaboran unha tarta para invitar ós seus compañeiros e compañeiras.
Nas diferentes entradas publicadas podes ver como traballamos diferentes aspectos traballando coas receitas.
De seguido podes ver as receitas que fixemos ó longo do tempo, por se queres facer as tartas na túa casa.
Hipóteses (etapas) na aproximación á lecto-escritura
Pequeno resumo das etapas - hipóteses polas que pasan os nenos e nenas, na aproximación á lectura e escritura.
Estas etapas son as que figuran nos boletíns trimestrais. Este pequeno esquema pretenden servir de referencias ás familias para a comprensión los respectivos items do boletín.
Proxectos de traballo e investigación en Infantil... que son? e por que os usamos?
Nos seguintes artigos poderás coñecer que son, e por que empregamos os proxectos de traballo e investigación nas aulas de infantil.
Aprender con proyectos de trabajo en infantil: www.concejoeducativo.org/article.php?id_article=85
Proyectos para aprender (vídeos e información) http://proyectosparaaprender.wikispaces.com/
Lembra que podes coñecer o desenvolvemento de moitos dos proxectos de traballo que facemos nas nosas aulas no recanto de infantil.
Así é a Educación Infantil - Importancia dunha etapa
A educación infantil - a importancia dunha etapa.
De seguido podes ver en varias partes un documental elaborado por video que elaborado pola "Confederación Española de Padres de Alumnos (CEAPA)", sobre a importancia da Educación Infantil e cal é a súa finalidade .
Recomendámosvos que os vexades.
- A importancia da etapa da Educación Infantil (amosado na reunión inicial cos pais)
- A boa escola (primeira parte)
- A boa escola (segunda parte)
- Os profesionais da educación
- Tempos e espazos
- Materiais / proxecto educativo
- A participación das familias
- Conclusións
¿Cómo facemos a aproximación á lecto-escritura en Ed. Infantil?
Se ben, como é sabido, o aprendizaxe da lecto-escritura é un obxectivo do primeiro primaria, o currículum de Educación infantil establece que nesta etapa debe levarse a cabo unha "aproximación á lecto escritura". Establece asemade como debe levarse a cabo esta aproximación (sen forzar aprendizaxes, respectando o ritmo madurativo de cada neno, empregando a aprendizaxe por descubrimento...).
A través dunha serie de fantásticos vídeos, elaborados pola AMEI-WAECE (Asociación Internacional de Mestres de Infantil), expoñense os principios do enfoque constructivista no que se sustenta o noso traballo, no tocante á aproximación á lecto-escritura en Educación Infantil e a súa continuación na Educación Primaria.
ACCEDE ÓS VÍDEOS EXPLICATIVOS DESDE AQUÍ:
Ou ben accede ós máis relevantes na educación infantil a continaución:
IDADE DE INICIO:
- ¿É importanteaprender a ler canto antes ou cando os alumnos/as estén maduros? - VÍDEO
- Realmente se pode aprender a ler e escribir antes de tempo ¿que perxuicios ten?- VÍDEO
- ¿Que é leer?. Decodificar/aprender. ¿A que idade se debe aprender a ler? ¿como sabelo? - VÍDEO
- ¿Que prerrequisitos e habilidades previas son necesarias? - VÍDEO
- ¿Que é e como se mide a madurez lectora? - VÍDEO
ENFOQUE CONSTRUCTIVISTA
- ¿Que é o enfoque constructivista? - VÍDEO
- ¿Que é a comprensión lectora desdeo enfoque constructivista? - VÍDEO
- Vantaxas dos enfoques constructivistas fronte a métodos tradicionais - VÍDEO
- ¿Tárdase máis con este enfoque? NON - VÍDEO
- ¿Que tipo de letra é a mais adecuada para iniciar o proceso lecto-escritor? MAIÚSCULA - VÍDEO
- ¿Por qué é tan importante o nome propio? - VÍDEO
- ¿Importancia do contextos social? O traballo en grupo e a súa importancia - VÍDEO
- ¿Que tipo de textos son os máis recomendables na Ed. infantil? - VÍDEO
- Propostas pedagóxicas na aula - VÍDEO
MÉTODOS E METODOLOXÍAS:
- ¿Que difrerencia hai entre métodos, metodoloxías e enfoques? - VÍDEO
FAMILIA
- Actividades que pode levar a cabo a familia para fomentar o proceso - VÍDEO
MOTIVACIÓN
- Importancia da motivación e interese pola lecto-escritura antes do aprendizaxe mecánico - VÍDEO
- ¿Que textos son os máis motivadores para os nenos/as? Os textos funcionais - VÍDEO
- Influencia do desenvolvemento cognitivo ¿pode un método errado dificultar a aprendizaxe? - VÍDEO
EMOCIÓNS:
- ¿Que debemos ter en conta para afrontar a aprendizaxe da lecto-escritura? - VÍDEO
- A comprensión lectora desde os primeiros momentos da aprendizaxe da lecto-escritura. Ler sen comprender o que se le (decodificación), non é ler realmente - VÍDEO
Hai outros moitos videos, exemplos de experiencias en aula, na páxina indicada, todos eles interesantes.