(2011-2012) Continuamos co proxecto- princesas
Estamos abordando outra das cuestións relativas á pregunta: ¿existen as princesas de verdade hoxe en día ou só nos contos e nas pelis?
Dialogando sobre os nosos coñecementos ó respecto e as nosas opinións, a maioría temos a idea de que non existen, só as vemos en contos, pelis, no ordenador, incluso en Disneyland París.
Pensando ónde despexar esta dúbida, algúns compañeir@s propoñen preguntar ós pais ou a nenos de primaria, os nosos irmáns...
Calquera ocasión é boa para escribir e se vai unida a un elemento motivador como o noso proxecto e os nenos maiores, mellor.
Un grupo de nós decidimos escribir a nenos de primaria para preguntarlles a eles.
Taida escríbelle a Martín, de 6º e Andrea á súa irmá Laura.
David escríbelle a Tania de 5º
Nicolás a Roberto de 6º
e Aroa a Ana de 2º.
Xa feitas as cartas, fumos a botalas nos respectivos buzóns ou entregalas en man.
´
Ademáis, nestas últimas semanas, aproveitando ratiños libres e momentos de xogo, continuamos a decorar a entrada á aula cunha muralla e rematamos o noso esqueleto cabaleiro.
Ademáis, descubrimos un libro na biblioteca de Don Quijote de la Mancha, valeroso cabaleiro de novela, e na clase averiguamos máis cousas que nos contou un neno que sabe moito de cabaleiros e vimos máis libros.
Sí que estaba toliño! qué aventuras tan divertidas as súas!!