CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O día 18 de maio celebramos no centro o Día das Letras Galegas.
Fixemos o maio entre tódolos alumnos e alumnas do centro e quedounos así de bonito.
Cada ciclo ocupouse de traer as cousas precisas para adornalo.
Na aula de usos múltiples xuntámonos todos e todas para facer un pequeno acto adicado a Valentín Paz Andrade.
Houbo varias actuacións:
.os de 6º fixeron un pequeno teatriño moi divertido titulado ."O semáforo".
.todo o centro cantou unha canción titulada:"Que baile con quen" que bailaron os nenos e nenas de 2º e tocaron nenas de 4º.
.3º ciclo elaborou un conto titulado "O parrulo" que nos leron a todos e todas.
.todo o centro escribeu as coplas do maio que cantamos todos xuntos.
.3º ciclo tocou o "Himno galego"
E así rematou o acto.
Logo do recreo tivemos uns contacontos cos cales nos divertimos moito.