VISITA Ó SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA
O venres 9 de marzo, os nenos e nenas de E.E.I do Pedro Antonio Cerviño, os nenos e nenas do E.E.I de Cerdeiras e os nenos e nenas de 1º e 6º do centro , fixeron a visita ó Salón do Libro por mor de ter elaborado o traballo sobre a temática deste ano que é: " 12+1"
Este é o traballo feito polos nenos e nenas.É coma un xogo da Oca da Boa e Mala Sorte.
Os cursos participantes repartiron o traballo.
Decidíuse primeiro o formato .Logo os temas que se ían a tratar sobre a Boa e Mala sorte .Cada tema ten a súa cor e os números correspondentes levan a foto e a cor escollida.
Os temas foron os seguintes :
E.E.I.Cerdeiras: amuletos
E.E.1: animais
E.I 2: números
1º: obxectos
6º: accións
Cada curso tivo as súas actividades.
E.E.I e 1º curso tiveron sesión de contacontos.
e os nenos e nenas de 6º tiveron untaller de amuletos personalizados.
Durante a visita , os nenos e nenas estiveron mirando os traballos dos outros centro participantes.
Visitaron as diferentes salas que se prepararon.
A dos trevos de 4 follas
A ruleta da sorte da "merda":
A sala da Santa Compaña
Coma sempre,o lobo ORBIL saudou ós nenos e nenas, invitándoos a ler moito.
E cando rematou a visita, os nenos e nenas merendaron e xogaron nun parque, acompañados polas profes e os profe.