(2011-2012) A mala sorte- Participamos no Salón do Libro Infantil
O pasado venres 9 de marzo, visitamos o Salón do Libro Infantil, que este ano trata sobre A mala sorte: 12+1
Pero previamente a esta visita, levamos a cabo na aula de infantil unha serie de propostas e actividades relacionadas coa boa e a mala sorte, para finalmente elaborar o noso libro de aula que nos permitiría visitar e participar no Salón, como recompensa ao noso esforzo.
Como traballo previo a todo isto, ó longo de diversas sesións, a mestra propúsonos unha serie de cuestións ou interrogantes:
¿QUÉ É TER SORTE?
¿TÍ CANDO TES OU TIVECHES SORTE?
¿E MALA SORTE?
¿CÁNDO TE SINTES MOI CONTENTO OU MOI TRISTE? ¿NESTAS SITUACIÓNS TIVECHES BOA OU MALA SORTE?
Buscamos na nosa cotidianeidade distintas situacións que reflexaban moi ben a boa e a mala sorte.
Ademáis tamén buscamos no propio cole, sucesos acontecidos nel, nos contos e na prensa. ´
Todos os días durante unhas semanas consultamos a prensa diaria ou do día anterior para atopar noticias e clasificalas dentro da boa ou da mala sorte.
Finalmente elaboramos, xunto cos compañeiros de infantil 2, un mural coa clasificación destas novas.
Esto sirveunos para afondar máis no concepto de sorte. Xa estábamos preparados para empezar a preparar o noso libro de aula.
Trataría de animais e as supersticións.
Seleccionados os animais, primeiro fixemos as nosas propias hipóteses sobre se darían sorte ou non e por qué.
Case todos asociamos a mala sorte con animais que mordían ou picaban.
Ademáis fixemos distintas actividades con estes animais: coñecer as letras do seu nome, escribilo, agrupalas pola primeira letra, facer descripcións deles, xogar a adiviñar, dramatizalos, buscar palabras que rimaran...
Tamén preguntamos en casa e recopilamos algunha superstición.
A continuación, por un lado tiñamos que debuxar cada neno a un deses animais, que nos tocou tras un sorteo, e facer unha composición dunha cara contenta ou triste en función de si daba boa ou mala sorte.
Esta composición fixémola con distintos alimentos e podes ver todo o proceso premendo no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcervinho/?q=node/872
Feita esta parte só quedaba inventar supersticións novas para cada animal.
Próximamente vos amosaremos cómo quedou o noso libro.
Este libro formou parte dun traballo de grupo elaborado polo resto de compañeiros que participaron no Salón do Libro e formaba parte dun xogo da oca, no que a oca tranformábase en trébol e cada unha das casillas en
NÚMEROS (casillas azuis- infantil 2)
OBXECTOS (casillas vermellas- 1º curso)
AMULETOS (casillas moradas- escola Cerdeiras)
ACCIÓNS (casillas amarelas- 6º curso)
ANIMAIS (casillas laranxas- nós)
da boa e mala sorte
VISITA AO SALÓN DO LIBRO
O día da visita ao Salón, alí nos agardaba un amigo fiel desta cita anual, o lobo ORBIL, amigo dos nenos e dos libros
tamén nos agardaba Celso, a persoa que nos ía deleitar cos seus contos, historias e cancións
e así foi, pois resultou ter unha peculiar forma de "contar e cantar".
Despois fixemos un percorrido polo resto do Salón, pasando por distintos recantos,
O da ruleta da boa ou mala sorte, onde hábía cacas de distintos animais e a sorte ía en función do tamaño da caca
a que máis sorte daba era a vaca
logo pasamos por un recanto de amuletos, todos tentamos imitar un moi especial, cos dedos das mans
logo por un bosque tenebroso que daba moito medo
un onde había un raposo e pedra
Outro onde había 12 ovellas + unha que resultou ser un lobo disfrazado de ovella para comelas pero chegou antes outro lobo que o papou a él pensando que era unha ovella
unha enorme flor chea de pétalos de boa e mala sorte
e unha sala de libros onde había unha chea de trebos, e tiñamos que atopar o único de 3 follas entre o resto de catro
Tamén visitamos a sala onde están expostos os traballos de outros colexios e o noso
e acabamos coa lectura de contos antes de marchar
Como tiñamos todavía tempo de sobra e un día estupendo de calor e sol, nos achegamos a parque que había alí pretiño para merendar e xogar un pouco antes de volver a casa.
O salón gustounos moito pero foi pouco tempo, estaría xenial poder volver pero coas nosas familias!
Aquí hai máis información sobre os horarios e actividades por si vos animades.