(2011-2012) Proxecto Cabaleiros e Princesas- ¿Que queremos saber?
O proxecto que inciamos segue o seu curso e as cuestións que plantexamos para buscarlles resposta, foron estas, polo momento:
-¿EN QUÉ PAÍS VIVÍAN?
-¿EN QUÉ EPOCA?
-¿QUÉ FACÍAN OS CABALEIROS? O SEU TRABALLO.
-¿CÓMO VESTÍAN?
-¿SE CASABAN? ¿CÓMO ERAN AS BODAS?
-¿CÓMO ERAN OS CASTELOS? ¿QUE TIÑAN DENTRO?
-¿QUÉ ANIMAIS HABÍA NAS CIDADES DOS CASTELOS?
-¿AS PRINCESAS EXISTEN AGORA OU SON SÓ DOS CONTOS, PELIS,....?
Un neno trouxo un libro moi interesante sobre cabaleiros onde averiguamos que a época na que viviron foi a Idade Media, unha época na que non existían aínda frigoríficos ou coches.
Aquí xurdiron algúns interrogantes: ¿había avións e helicópteros na Idade Media?, ¿había cuádrigas? ¿cómo eran waters?
Ademáis, trouxo tamén un disfraz de cabaleiro templario, Ricardo Corazón de León
Así que xurdiu interese por saber cousas deste persoaxe, que foi rei de Inglaterra. Raúl contounos algunhas cousas que sabía e o resto o averiguaremos nós mesmos.
Formamos tres equipos para buscar información na biblioteca e no ordenador de clase na próxima semana
e Aroa
Tamén, aproveitando que tiñamos o traxe de cabaleiro e na clase de Infantil 2 tiñan traxes de princesas, dou nen@s disfrazados e algúns compañeir@s foron polas clases de primaria a contar ao resto de nen@s do cole sobre qué estamos a investigar e pedimos que quen tivese algunha información nola fiseche chegar.
A ver se hai sorte e alguén se anima a traer algo interesante!