(2011-2012) Incumprindo as normas de aula
INCUMPRINDO AS NORMAS DA AULA
Na nosa clase temos un cadro coas normas de comportamento que decidimos que eran necesarias para que todo funcionase o mellor posible.
Ao lado del hai unha táboa onde anotamos cada mes os fallos que imos tendo cada un de nós nelas.
Hai dúas delas que si incumprimos ás veces: a de non interrumpir cando se está a falar e a de traballar en silencio.
Os que temos ao fin do trimestre o cadro de comportamento sen ningunha erro conseguimos un pequeno agasallo que entre todos decidimos.
Por elo, os que teñen algunha anotación queren borrala.
Así lles pasou ,por exemplo, a Ana e a Xesús.
Para recuperar eses pequenos fallos en comportamento poden preparar algo para os seus compañeiros que durante tres minutos como máximo expoñen diante deles: chistes, cancións, contos, bailes, ... o que se lles ocorra.
Nesta ocasión agasalláronnos con ... unhas deliciosas galletas coa forma da letra pola que empeza cada un dos nosos nomes e a interpretación dunha peza musical
Ao remate os compañeiros deciden se merecen ou non borrarlles o punto. Despois de comer e escoitar decidimos...
que....VÓS SI QUE VALEDES!!
O xurado acostuma a ser bastante bo , ainda que de cando en vez aparece un Risto polo medio.
Desta vez, como xurado tivemos tamén a participación do director e a mestra de música.
Algún quedou con ganas de máis!